Delegación del Clero

Delegado
M. I. Sr. D. Antonio Rodríguez Basanta
981 353 295 | 670 248 594
vicarioxeral@mondonedoferrol.org
 


· Circular: festa de San Xoán de Ávila 2019

Estimado compañeiro e irmán:

Despois de termos no Seminario de Mondoñedo a derradeira reunión de formación permanente sobre o tema das Upas, de novo me poño en comunicación contigo para convocarte á celebración do noso Patrón San Xoán de Ávila, que terá lugar como de costume no mesmo Seminario o vindeiro día 10, venres, co seguinte horario e actividades:

10:15 hs.- Acollida e café
10:30 hs.- Oración inicial na sá “Crecente Vega”
10:45 hs.- Conferencia do Cardeal Aquilino Bocos Merino, CMF: “Entre todos hacemos Iglesia. La Iglesia casa y escuela de comunión en tiempos de reforma”. Diálogo
12:00 hs.- Descanso
12:30 hs.- Homenaxe ós nosos compañeiros: Vodas de Diamante (60 anos de ministerio): D. Lázaro Domínguez Gallego, D. Avelino González Rodríguez y D. Eduardo Losada González;  Vodas de Ouro (50 anos de ministerio): D. José Boullosa Canda
13:00 hs.- Eucaristía da Capela Maior do Seminario (traer alba e estola branca)
14:00 hs.- Xantar (invitación da Diocese).

Avisar ó Seminario tfno. 982 521 000, antes do día 7, martes.

Outras novas de interese:

· A peregrinación diocesana a Celanova do vindeiro día 17, organizada por arciprestados.

· Os Exercicios Espirituais xa anunciados para os sacerdotes no Seminario de Mondoñedo, do 1 ó 5 de xullo. Para inscribirse chamar ó Seminario, tfno. 982 521 000

· A celebración do Ano Xubilar de San Xoán de Ávila, en Montilla, do 6 de abril de 2019 ó 31 de maio do 2020, con motivo do 450 aniversario do seu falecemento, o 125 aniversario da súa beatificación e o 50 aniversario da súa canonización.

· Finalmente, o XII Encontro e II Congreso nacional da Divina Misericordia, do 18 ó 20 de outubro en Albacete.

Sen máis polo de agora, recibe un cordial saúdo neste tempo pascual.

 

· Circular: Misa Crismal, formación permanente e outras citas de interese

Estimado compañeiro e irmán:

Xa cerca dos días culminantes do ano litúrxico coa celebración do Misterio Pascual e desexando que te encontres ben, quero lembrarche as seguintes convocatorias:

· MISA CRISMAL, martes 16 de abril ás 11:30 hs. na Concatedral de San Xiao – Ferrol. Estamos invitados a xantar na Domus ás 13:30 hs. Hai que avisar ó tfno. 981 353 295 ou a min persoalmente ó 670 248 594.

· 5º ENCONTRO DE FORMACIÓN PERMANENTE no Seminario de Mondoñedo, o martes día 30, co horario de costume:
10:30 hs. - Hora intermedia con adoración do Santísimo.
11:30 hs. - Descanso / café.
12:00 hs. - Tema de formación: As Unidades Pastorais (UPAs) e a nova organización diocesana: obxectivos, persoas e procesos, que impartirá o sacerdote de Pamplona D. Javier Ecay Armendáriz, experto neste tema.
13:30 hs. - Comunicación e intercambios.
14:00 hs. – Xantar.

Tamén che recordo para que o teñas presente na túa axenda, que do 1 ó 5 de xullo teremos a segunda convocatoria de exercicios espirituais no Seminario para este curso, que impartirá o Sr. Bispo de Teruel, D. Antonio González Cantero.

Sen máis polo de agora, recibe un cordial saúdo.

Antonio Rodríguez Basanta
Vicario xeral e delegado do Clero