Delegación de Pastoral de la Salud

Delegado
D. José Luis Fernández Fernández (Médico)

Domus Ecclesiae, Miramar s/n, 15401 Ferrol (A Coruña)
981 353 295 | 981 353 200 | 686 998 685
psalud@mondonedoferrol.org
Twitter: @pastoralsaudemf

La Pastoral de la Salud es una sección de la Delegación de Desarrollo Humano Integral (DHI)

 

· Bioética: Coidar e acompañar toda a vida

O Comité de Bioética de España (CBE) vén de facer público un informe que aborda de maneira clara e impecable os aspectos relacionados coas cuestións bioéticas do debate acerca do final da vida, baixo o seguinte título: “Informe do CBE sobre o final da vida e a atención no proceso de morrer, no marco do debate sobre a regulación da Eutanasia: Propostas para a reflexión e as deliberación” .

Para contextualizar, diremos que o CBE é un órgano colexiado, independente e de carácter consultivo, sobre materias relacionadas coas implicacións éticas e sociais da Biomedicina e as Ciencias da Saúde. Está adscrito ao Ministerio de Sanidade. Os aspectos relativos á súa creación, composición e funcións ven recollidos no título VII da Lei 14/2007, de 3 de xullo; sobre Investigación Biomédica, que foi publicado no BOE número 159, de 4 de xullo de 2007.

Nesa lei especifícase que:

- O Comité estará constituido por un número máximo de doce membros, elixidos entre persoas acreditadamente cualificadas do mundo científico, xurídico e bioético.

- Os membros do Comité serán nomeados polo Ministro de Sanidade.

- É unha das súas funcións principais emitir informes, propostas e recomendacións para os poderes públicos de ámbito estatal e autonómico en asuntos con implicacións bioéticas relevantes.

Pois ben, obedecendo á súa lexítima e necesaria tarefa, os membros deste comité decidiron, no exercicio das súas competencias, aló polo mes de marzo, elaborar un documento que contribuíse ó debate cidadán con propostas para a reflexión e a deliberación no eido das decisións éticas ó final da vida; toda vez que no Congreso dos Deputados se estaba a tramitar unha proposición de lei sobre a eutanasia.

Trátase dun traballo exhaustivo, razoado e argumentado que tenta ser un instrumento para a serena reflexión e o debate necesario sobre un tema especialmente delicado.

Deste xeito, o día 30 de setembro, foi discutido e aprobado por unanimidade dos seus membros o documento final baixo o título que adiantamos enriba.

Merece, desde logo, unha lectura pausada, pero quixera destacar xa a conclusión de consenso nun tema tan complexo, á que chegan en armonía os expertos acreditados en cuestións bioéticas: “Existen sólidas razóns sanitarias, éticas, legais, económicas e sociais, para rexeitar a transformación da eutanasia e/ou o auxilio ó suicidio nun dereito subxectivo e nunha prestación pública”. Cito textualmente.

Coinciden pois os expertos (insisto) nesta afirmación que ven sendo defendida de sempre pola Igrexa, reforzada por argumentos antropolóxicos e teolóxicos que confirman a sacralidade e a inviolabilidade da vida. Así queda patente nos últimos documentos publicados pola Conferencia Episcopal Española e máis recentemente pola Sagrada Congregación para a Doctrina da Fe da Santa Sé.

Cando nos achegamos ó “terreo sagrado” da vida, don de Deus, só podemos asumir e propoñer o mandato evanxélico de coidala de maneira exquisita, a exemplo do bo samaritano, que se aproxima con paixón e delicada tenrura a tódolos que sofren nas beiras do camiño, esmerándose na incondicional entrega a aqueles que ven próximo o final da súa peregrinaxe neste mundo.

Que O Espírito Santo siga iluminando e alentando o noso camiño e misión.

José Luis Fernández Fernández
Delegado de Pastoral da Saúde de Mondoñedo-Ferrol

 

 

· "Samaritanus bonus": Cuidar de los enfermos aprendiendo lo que significa amar

Carta 'Samaritanus bonus' de la Congregación para la Doctrina de la Fe sobre el cuidado de las personas en las fases críticas y terminales de la vida. Es un texto claro, que aporta la reflexión serena pero contundente en relación con la vida, su dignidad, su valor y su cuidado...

Documentos que pueden interesarte:

Ladaria: "un texto necesario ante las nuevas legislaciones sobre la eutanasia"

- Reflexión: Cuidar de los enfermos aprendiendo lo que significa amar

“La eutanasia es un crimen contra la vida. Incurable no significa ‘in-cuidable"

 


· Novo logo oficial da delegación

Desde a delegación de Pastoral da Saúde consideramos oportuna a renovación do noso logo, facéndoo máis actual, vitalizando o seu sentido e enchéndoo de dinámica esperanza.

O traballo saíu das mans do deseñador naronés Daniel Ameneiros Rodríguez, que xa vén colaborando e asesorando á nosa diocese en cuestións de deseño gráfico.

Co espírito dunha remuda necesaria e actualizadora, adoptamos esta nova cara coa mensaxe que pretendemos achegar.

Preme aquí para saber máis


 

· Xuntos na mesma barca

Unha iniciativa dos responsables dos Servicios Relixiosos nos hospitais da nosa diocese e da delegación de Pastoral da Saúde

"Démonos conta de que estabamos na mesma barca, todos fráxiles e desorientados; pero, ó mesmo tempo, importantes e necesarios, todos chamados a remar xuntos, todos necesitados de confortarnos mutuamente"

Estas palabras pronunciadas polo papa Francisco antes da bendición Urbi et Orbi extraordinaria do pasado 27 de marzo, resoaron con especial lucidez e intensidade, naquela chuviosa tarde, nunha Plaza de San Pedro físicamente baleira pero con millóns de  almas unidas e fortalecidas na fe, confiadas na esperanza e comprometidas na caridade.

As imaxes desa xornada, os xestos e palabras do papa Francisco, percorreron o mundo e sacudiron os corazóns ata o punto de facernos máis conscientes e partícipes da universalidade da Igrexa, así como da súa indudable tarefa e imprescindible necesidade.

Á luz deste momento de gracia e con motivo da grave situación que estamos a vivir; desde a delegación de Pastoral da Saúde da nosa diocese, respostando á iniciativa sempre creativa e xenerosa dos responsables da asistencia relixiosa nos hospitais decidimos poñer os teléfonos dos mesmos a disposición dos enfermos, familiares, persoal deses centros sanitarios e fieis en xeral, ofrecendo o seu servizo, tamén desta maneira, nun xesto máis de cercanía e acompañamento en tan difíciles momentos.



Non pode faltar nesta dura travesía a Palabra de Deus; que nos fala persoalmente, que nos inspira e nos alumea, afianzando o noso camiñar, aínda no medio da tormenta. Por iso, tamén poñemos a disposición de quen nolo pida o libriño “A Boa Noticia de cada día” coas lecturas do Evanxeo de cada xornada, animando a tódolos que o desexen a acollelo e compartilo.

Así, xunto coas nosas oracións e celebracións, tamén achegamos esa presencia sanadora que vén de Cristo, sempre dispostos a escoitar, axudar, consolar e transmitir esperanza.

Que Deus nos bendiga e a Santísima Virxe, saúde dos enfermos e consolo dos aflixidos nos garde.

Remando xuntos coma sempre…
Sentíndonos moi preto…
Escoitamos e compartimos a Palabra

Acompañado por esta oración que é un fragmento da que rezou o papa ese 27 de marzo, antes da bendición Urbi et Orbi:

Señor, bendice ó mundo, dalle a saúde ós corpos e consola os corazóns. Pídesnos que non sintamos temor. Pero a nosa fe é débil e temos medo. Mais Ti, Señor, non nos abandones a mercé da tormenta. Repites de novo:” Non teñades medo” (Mt 28,5). E nós, xunto a Pedro, “descargamos en ti toda a nosa anguria, porque Ti coidas de nós” (cf. 1P 5,7) [Papa Francisco, oración e bendición Urbi et Orbi do 27 de marzo de 2020]
 

Teléfonos de contacto

Aquí tés os teléfonos para chamar cando sintas a necesidade, cando teñas ganas, cando te sintas só, cando queiras contar algo, cando precises algunha cousa na que che poidamos axudar…conta connosco,  porque sempre hai alguén que está disposto para escoitarte e falar contigo…

Responsables da asistencia relixiosa na zona dos hospitais de Ferrol
· Busca do Servicio Relixioso: 460734
· Ana María: 680 420 971
· José Eduardo: 603 292 779
· Victor Manuel: 695 629 576
· Xosé Francisco: 629 865 780
· Sor María Jesús: 609 022 059

Responsables da asistencia relixiosa na zona do Hospital Público da Mariña
· Xosé Anxo: 619 312 227
· Xefi: 644 815 760

Facilitámosche o Evanxeo de cada día, só tes que pedilo…

Que Deus vos bendiga e vos garde!

Delegación de Pastoral da Saúde

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol