Sensibilidade coa relixión

· Autor: S. McGarrigle

Artículo publicada na edición dixital de "La Voz de Galicia"

"Ser sensible coa relixión é unha obriga de todo aquel que queira entender o fenómeno humán"

Ser sensible coa relixión é unha obriga de todo aquel que queira entender o fenómeno humán. As relixións, todas, conteñen o mecanismo psicolóxico do home. Todos os matices psicolóxicos están nos mitos e ritos relixiosos. Así que aqueles que desprezan olimpicamente as crenzas relixiosas que vaian tomando nota.

O anticlericalismo e a xenreira contra a relixión seguen activos en círculos da esquerda política. É unha herdanza petrificada nos seus programas. Mentres que a esquerda non se libere de esa actitude antirelixiosa vai seguir perdendo o tempo. Disgregará as súas forzas. Andará entretida e confusa e non traballará no importante. E máis aínda, cometerá inxustizas graves contra as persoas nas fibras íntimas da súa personalidade. As burlas e ataques á relixión son ademais de inxustos e malvados, son torpes, inútiles e ofuscan a mente dos agresores.

Conseguen o premio de aumentar o numero de inimigos da esquerda. Calquera antropólogo pode explicar a un esquerdista que a relixión é a expresión da psicoloxía humana: As angurias, as esperanzas cobran forma en algo sublime como o entusiasmo estético. Arte e relixión van xuntos dende os comezos dos tempos. Leo que queren suprimir os cregos dos hospitais. O aforro en cregos seguramente aumentará o gasto en ansiolíticos.

Os argumentos económicos disimulan mal o anticlericalismo de fondo. Non toquedes a sensibilidade relixiosa. «Non queirades ser como deuses». Facer mal por facer mal é inxusto e máis estúpido.

Eduardo Fra Molinero

________________________


La diócesis de Mondoñedo-Ferrol no se hace responsable de las manifestaciones y opiniones vertidas por los diferentes articulistas de esta sección

Publicado: 23/09/2020: 924
Otras firmas

Artículos de opinión relacionados con la diócesis de Mondoñedo-Ferrol