Mons. Berzosa estará o xoves en Vilalba

O bispo de Ciudad Rodrigo dirixirá o retiro anual sacerdotal de Coresma

Este ano, aproveitando a oportunidade que se nos brinda de ter entre nós a Mons. Raúl Berzosa, bispo de Ciudad Rodrigo, considerouse o ter un único encontro de retiro dirixido por el que tería lugar o día 3 de marzo, xoves, en Vilalba, no complexo parroquial. A distribución e horario do mesmo sería, en principio, o que segue:

- Comezar ás 10:30 horas.
- 1ª meditación: 'Seguen a ser actuais as obras de misericordia?'.
- Pequeno descanso.
- 2ª meditación: 'Que significa “misericordia” no papa Francisco'.
- Adoración do Santísimo na igrexa parroquial.

Ó remate podemos xantar xuntos.

Coñece todas as actividades propostas pola delegación do Clero premendo aquí