Novas medidas nos aforos relativos ao culto

Concatedral de San Xiao de Ferrol · Autor: Diócesis

Segundo o Decreto 181/2020, do 9 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia

Segundo queda recollido no Diario Oficial de Galicia de hoxe, martes, 10 de novembro, a Xunta de Galicia, como autoridade competente delegada, e a proposta da Consellería de Sanidade, considera, tras o estudo da orixe dos brotes acontecidos na Comunidade Autónoma, que “os lugares de culto poden considerarse como lugares seguros en relación coa transmisión do SARS-CoV-2”.

Polo tanto, non se ve inconveniente, desde o punto de vista epidemiolóxico, para eliminar a medida consistente no establecemento dun límite máximo de asistentes, e se mantén a medida de que tal asistencia a lugares de culto non poderá superar o cincuenta por cento da capacidade de cada templo, “o que permite actuar de forma máis proporcionada adaptándose ás circunstancias de cada lugar”.

Nas zonas de especial incidencia, de acordo coa evolución que ven marcando a propia Xunta de Galicia e que, a data de hoxe, afectan na nosa diocese aos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Burela e Viveiro, o aforo non poderá superar o terzo da súa capacidade.

Hai que recordar que a capacidade máxima deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto. Ademais do obrigado uso da mascarilla, deberase garantir, en todo caso, o mantenemento da distancia de seguridade de 1,5 metros entre as persoas asistentes. E non se poderá utilizar o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de actos de culto.
 

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol