O delegado episcopal de Cáritas Española, na nosa diocese

Vicente Martín dirixirá dous encontros de traballo cos sacerdotes centrándose no "acompañamento pastoral desde Cáritas”

Vicente Martín: "Los sacerdotes (...) están llamados a ser testigos de la alegría y la misericordia del Evangelio"

O delegado episcopal de Cáritas Española, Vicente Martín Muñoz, visitará a nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol esta semana para manter, mércores e xoves, dúas reunións de traballo co noso clero.

O primeiro encontro será este mércores, día 11 de novembro. Terá lugar no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo e estará dirixido aos arciprestados de Mondoñedo, Viveiro, Ribadeo-Miranda e Terrachá.

Ao día seguinte, xoves 12, a Domus Ecclesiae de Ferrol acollerá a segunda reunión de traballo, orientada neste caso ao clero dos arciprestados de Ferrol, Xubia e Ortegal-As Pontes.

Ámbalas dúas sesións terán unha duración aproximada de dúas horas, dando comezo ás 11 de mañá.

Vicente Martín, nomeado delegado episcopal de Cáritas Española o 3 de outubro de 2018, naceu en La Nava de Santiago (Badajoz) no ano 1969. Foi ordenado sacerdote en 1995 e está incardinado na archidiocese de Mérida-Badajoz. Realizou o Máster en Doctrina Social da Igrexa polo Instituto Social León XIII (ano 2006) e ten a licenciatura en Teoloxía Pastoral polo Instituo Superior de Pastoral de Madrid (2018).

O propio Martín Muñoz indícanos de que tratarán estas dúas reunións de traballo: “El tema que quiero compartir con el clero de Mondoñedo-Ferrol es una reflexión para ayudar a tomar conciencia del papel que tenemos los sacerdotes en la acción caritativa y social de nuestras comunidades. La he titulado: “El sacerdote, amigo de los pobres e impulso de comunidad compasiva”. Los sacerdotes, hombres de la caridad, en medio de una sociedad herida, están llamados a ser testigos de la alegría y la misericordia del Evangelio, a acoger y escuchar los clamores de los últimos de nuestra sociedad, a acompañarles y cuidarles, animando e impulsando una comunidad samaritana y soñando con la fraternidad universal donde todos tengamos un lugar”.
 

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol