Preto dun cento de edificios iluminaránse este Nadal para darlle a benvida ao Ano Santo

Igrexa parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo · Autor: Diocese

A iluminación evoca o percorrido que realizan os peregrinos no Camiño de Santiago

A Catedral de Mondoñedo e a igrexa de Santa María do Campo de Ribadeo, entre eles

Con motivo da apertura da Porta Santa, o próximo 31 de decembro, desde o día 22, iluminaranse artisticamente 91 monumentos representativos das diferentes rutas do Camiño de Santiago en dez comunidades autónomas, como antesala ao comezo do Xacobeo 2021, representando a conta atrás do inicio do Ano Santo.

Trátase de 41 monumentos representantivos das diferentes rutas do Camiño de Santiago que pasan pola comunidade galega, aos que se suman 50 doutras 10 autonomías que colaboran na iniciativa.

A iluminación nos concellos galegos levarase a cabo en tres fases –do 22 ao 25 de decembro, do 26 ao 28 e do 29 ao 31- e de forma secuencial a través das distintas etapas das rutas xacobeas ata chegar á catedral de Santiago evocando o percorrido que realizan os peregrinos. Así, os monumentos escollidos para cada fase iluminaranse de cor azul, coa proxección do logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela.

Cada día iluminaranse diferentes monumentos secuencialmente, seguindo as diferentes rutas, achegándose en varias etapas a Santiago de Compostela, onde, os días previos ao 31 de decembro, iluminaranse varios monumentos e a Catedral de Santiago.

A iluminación dos monumentos evoca o percorrido que realizan os peregrinos no Camiño de Santiago, culminando na catedral de Santiago, coa iluminación da Torre do Reloxo.

Ademais de Galicia, participan en esta iniciativa as Comunidades Autónomas de Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castilla y León, Extremadura, La Rioja, Murcia e Navarra iluminando un total de 50 monumentos o que fai un total de 90 localizacións iluminadas dentro desta acción.

Na nosa diocese, pola que trasncorren o Camiño Inglés e o do Norte, iluminaranse a igrexa parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo, o mosteiro benedictino de San Salvador de Lourenzá, a Catedral de Mondoñedo, o Parador de Vilalba e o Teatro Jofre de Ferrol.

Máis información
 

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol