'Habla la Diócesis' (10.01.2021): San Xiao + Unidade dos Cristiáns + Desemprego

Presentado por Ada Romero y coordinado por Baruk Domínguez

Intervención semanal del administrador diocesano a través de la Cadena COPE

"Como diocese, esperamos que este ano sea un ano de luz e de ilusións, especialmente para as persoas que están sufrindo esta situación tan difícil da pandemia"

· BAUTISMO DO SEÑOR. INICIO DO TEMPO ORDINARIO: Con esta festa remata o ciclo litúrxico do Nadal e, despois, dá comezo o tempo ordinario. No seu bautismo, Xesús é revelado polo pai como o “Fillo amado, en ti me comprazo”. É unxido polo Espírito Santo, que descendeu en forma de pomba, para ser recoñecido como Cristo e enviado a evanxelizar aos pobres. E así, pasado o tempo do bautismo de Xoán, nós fomos bautizados por Cristo co Espírito Santo polo que somos fillos de Deus. Pidamos ao Pai que escoitemos fielmente a palabra do seu Unixénito, para que de verdade nos chamemos e sexamos fillos seus.

· Remata o Nadal e chega agora o tempo ordinario. A nivel litúrxico xa sabemos o que isto significa, pero no noso día a día como fieis, como afrontamos esta nova etapa? Que debemos aprender do tempo de Nadal que deixamos atrás nesta época tan complexa que estamos a vivir?

· Falabamos o domingo pasado de que este 2021 é Ano Santo e, de feito, xa destacamos a importancia que ten para a nosa diocese. Ademais, será un “Ano Santo dobre”, xa que se prorrogará ata que remate 2022 por decisión do papa Francisco.

· Xa que falamos do “encontro cos demais”, é necesario facer referencia a dúas cuestións intimamente relacionadas. Por un lado, o vídeo do Papa deste mes de xaneiro incítanos a “abrirnos aos outros”, especialmente a aqueles que non profesan a nosa mesma relixión, para lograr vivir en fraternidade. Neste sentido, en pouco máis dunha semana, do 18 ao 25 de xaneiro, celebramos a Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns baixo o lema “Permanecede no meu amor e daredes froito en abundancia”, do Evanxeo de Xoán.

· Falamos doutras cuestións de ámbito máis local, xa que este pasado mércores, 7 de xaneiro, presidía por primeira vez como administrador diocesano a eucaristía pola festividade de San Xiao, patrón da Concatedral de Ferrol. Como foi esa celebración? No ámbito civil, o Concello de Ferrol entregou ese día o premio Ferrolán do ano 2020 ao “persoal dá área sanitaria de Ferrol en recoñecemento á súa profesionalidade, vocación de servizo e entrega incondicional na loita contra a pandemia do coronavirus (Covid-19)”.

· Falamos tamén da parte económica da pandemia, xa que hai moitas persoas da nosa diocese que siguen cun presente e futuro laboral complexo. Referímonos aos hostaleiros que siguen con restriccións, aos propietarios de comercios que tiveron que pechar ou ás persoas que siguen en situación de ERTE.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol