Os Centros de Menores "San Aníbal" atenderon a 47 nenos e mozos durante o 2020

A atención básica abarca as áreas educativas, formativas, de coidado e atención · Autor: HH. Divino Celo

A comunidade relixiosa das Fillas do Divino Celo-Rogacionistas xestionan un amplo equipo multidisciplinar que permite unha atención persoalizada aos menores

Os centros de protección de menores "San Aníbal" atenderon a un total de corenta e sete nenos, nenas e xóvenes durante o ano 2020. Estes rapaces foron derivados aos dous centros que funcionan en Burela polos equipos técnicos de menores da Xunta de Galicia.

Atendéronse a trinta e cinco menores no Centro de Atención de Día dos concellos de Alfoz, Burela, Cervo, Foz e Ribadeo.

"No Centro de Día acollemos a nenos e xóvenes como medida alternativa ao internamento, permitindo que sigan vivindo coas suas familias, axudando a estas a que melloren a súa situación de dificultade e teñan un tempo para reorganizar a súa vida da maneira máis beneficiosa".

Este centro conta con vinte prazas concertadas coa Conselleria de Política Social. Actualmente aténdense a viente e oito nenos e conta cunha alta demanda: os datos de sobreocupación do centro no ano 2020 foron do 131%.

Na Casa de Familia "San Anibal", un fogar que acolle a nenos e xoves en tutela pública, atendéronse a doce nenos e mozos; conta con oito prazas concertadas coa Xunta e actualmente viven dez mozos, procedentes dos concellos de Burela, Viveiro, Foz e Ribadeo e os concellos coruñeses de Fene, Fisterra e Oleiros. A súaa sobreocupación durante o ano 2020 é dun 125%.

Neste dous recursos desenrólase unha atención personalizada e normalizadora que abarca as áreas educativas, formativas, de coidado e atención que permitan o desenrolo da súa personalidade individual, velando pola súa educación integral, saúde física e psíquica e o desenrolo harmónico da súa personalidade.

Os centros contan cun equipo multidisciplinar cunha vintena de profesionais quenes, xunto coa comunidade relixiosa das Fillas do Divino Celo-Rogacionistas, entidade promotora dos centros, encárganse da intervención.

Fonte: Fillas do Divino-Celo-Rogacionistas

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol