'Habla la Diócesis' (17.01.2021): Infancia Misioneira + Unidade dos Cristiáns + Pandemia laboral

Presenta Ada Romero e Coordina Baruk Domínguez

Intervención semanal do adinistrador diocesano a través de Cadena COPE

"Moita da xente da nosa diocese está vivindo sitiuacións desesperadas; o papel da Igrexa foi, é e ten que ser acompañar"

· II DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO. DÍA DA INFANCIA MISIONEIRA: A dispoñibilidade diante da chamada do Señor aparece na primeira lectura coas palabras de Samuel: «Fala, Señor, que o teu servo escoita»; e tamén no salmo responsorial: «Aquí estou, para facer a túa vontade». Este contido vocacional aparece tamén no Evanxeo, cando dous discípulos de Xoán Bautista, unha vez que este lles amosou a Xesús como o Año de Deus, seguírono e quedaron con el aquel día. Se non amosamos a Cristo aos demais, como van seguilo? A segunda lectura preséntanos un exemplo concreto: como imos convencernos do valor da castidade se non anunciamos primeiro que os nosos corpos son membros do Espírito Santo?

· Celebramos hoxe o Día da Infancia Misioneira co lema “Somos familia”. Que significado cobra esta celebración nestes tempos que estamos a vivir?

· E a partires de mañá, como xa avanzamos no programa do pasado domingo, celebramos a Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns baixo o lema “Permanecede no meu amor e daredes froito en abundancia”, do evanxeo de Xoán.

· Falamos das novas restriccións en vigor dende este venres en toda Galicia por mor da terceira vaga do coronavirus. A nivel diocesano, hai unha especial vixiancia nas localidades de Ferrol, Narón, Ortigueira, Vilalba, Viveiro e Xove, que están confinadas perimetralmente e con medidas máis severas ca no resto de municipios.

· Tamén temos que falar da “pandemia económica”: os hostaleiros que non ven a luz ao final do túnel, os empregados de Siemens-Gamesa, Endesa ou Alcoa que están cun futuro incerto, todos os traballadores que siguen nos ERTE...

· No que respecta á parte social, hai que destacar sempre o traballo de Cáritas e outras entidades que durante estes meses complexos estiveron, e continúan aínda hoxe, ao pé do cañón. É o caso das Fillas do Divino Celo de Burela, as monxas rogacionistas, que durante o pasado ano atenderon a medio cento de menores en situación de vulnerabilidade nos centros San Aníbal que rexentan.