'Habla la Diócesis' (24.01.2021): A Palabra de Deus + Unidade dos Cristiáns + Patrimonio

Presenta Ada Romero y coordina Baruk Domínguez

Intervención semanal del administrador diocesano a través de la Cadena COPE

"Temos que aprender a valorar as luces pequenas, porque as luces pequenas, unidas, dan unha luz grande: a vacina danos esperanza para seguir loitando e coidándonos e protexéndonos"

· III DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO. DOMINGO DA PALABRA DE DEUS: A conversión e a fe no Evanxeo son o centro da liturxia da Palabra deste domingo. Así, a primeira lectura cóntanos que os ninivitas convirtéronse da súa mala vida e creron en Deus. No Evanxeo, Xesús chámanos á conversión e a crer na Boa Nova porque está preto o Reino de Deus e a apariencia deste mundo remata. E como modelos de conversión preséntanos a Simón, Andrés, Santiago e Xoán, que deixaron o que era a súa seguridade, as súas barcas e as súas redes, e arriscaron a súa vida por Cristo. Que El nos instrúa nas súas sendas.

· Xa falamos nos últimos programas deste acto, pero lembramos que mañá finaliza a Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns. Na situación na que nos atopamos, debido á pandemia, non convén facer convocatorias de encontro presencial entre nós. Por iso é polo que será un motivo de alegría o poder ofrecer unha celebración en liña, que será retransmitida para todo o mundo, mañá luns 25 de xaneiro ás 14:00 horas, por parte do Consello Mundial de Igrexas.

· Tamén seguimos a falar da “pandemia económica”, neste caso con dúas frontes ben distintas. Por unha banda, vemos un chisco de esperanza no futuro dos traballadores de Alcoa e das empresas auxiliares, que poderían ter garantías de “supervivencia laboral” se triunfan as negociacións entre a empresa e o Goberno do Estado. Por outra banda, seguimos a sufrir o desleixo das comarcas de Ferrolterra, o Eume e A Terra Chá, cunha noticia terrible como o posible peche definitivo da central térmica de Endesa sen unha solución de futuro para centos de traballadores directos e indirectos.

· A Xunta de Galicia ven de adxudicar as obras para restaurar o santuario de Nosa Señora das Angustias, en Ferrol, cun investimento superior aos 114.000 euros. O obxectivo destes traballos é actuar nos parámentos verticais do templo e resolver os problemas de humidades que afectan ao inmoble, a través dunhas actuacións que terán un prazo de execución de 12 semanas. Pola súa banda, a concellaría de Urbanismo de Ferrol concedeu a licenza de obras á Consellería de Cultura para a restauración da igrexa de Dores.

· Falamos, para finalizar, desa reunión do Colexio de Consultores que se celebraba este pasado xoves en Mondoñedo e que serviría para falar de asuntos importantes de goberno. Por exemplo, da continuidade da catequese, sempre e cando as condicións sociosanitarias o permita, coas recomendacións e medidas necesarias.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol