'Habla la Diócesis' (14.02.2021): Coresma + Campaña conta a fame de Manos Unidas

Presenta Ada Romero y coordina Baruk Domínguez

Intervención semanal del administrador diocesano, Antonio Valín, a través de la Cadena COPE

"Que esta Coresma non sexa unha Coresma máis, que sexa unha boa oportunidade onde cada un poda facer un camiño interior que nos libere e renove"

· VI DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO: En tempos de Xesús, a lepra, ademais dunha grave enfermidade, era un motivo de illamento e algo que facía ao home impuro. Un leproso, saltándose as leis, achegouse a Xesús e pediulle que o curase. E Xesús fíxoo tocándolle a cabeza. Non é a lepra a que nos fai a nós impuros, senón os nosos pecados. Cheos de fe, debemos achegarnos a Xesús para que nos limpe, de modo especial no sacramento da penitencia. Por outra banda, a oblación da eucaristía tamén nos purifica e nos renova. Nela está a fonte de onde agroma a vida verdadeira.

· Ademais das mensaxes litúrxicas propias deste domingo, hoxe celebramos a colecta da campaña contra a fame de Mans Unidas. Este ano, como xa avanzamos en programas anteriores, o lema está moi relacionado coa pandemia: “Contaxia solidaridade para acabar coa fame”. Ante a situación que estamos a vivir, vemos que a creatividade se impuxo en moitas parroquias, colexios e outras institucións e colectivos, co obxectivo de axudar ás persoas que peor o están pasando ao longo e ancho do mundo.

· O coronavirus afecta a celebracións relixiosas e doutro tipo, como estamos a ver cos tradicionais desfiles, comparsas e comidas propias do Entroido. Despois chegará o Mércores de Cinza, inicio da Coresma, que tamén terá que celebrarse doutro xeito.

· Como diciamos, o Mércores de Cinsa marca o inicio da Coresma, un tempo forte liturxicamente falando, e que nos prepara para a Paixón, Morte e Resurrección de Xesucristo. Precisamente, nesa semana central para a nosa fe, as condicións sociosanitarias volverán impedirnos por segundo ano consecutivo vivir celebracións tan maxestuosas como as de Ferrol, Viveiro ou Mondoñedo, entre outras localidades.

· Xa o adiantabamos o pasado domingo, pero non está de máis lembralo hoxe tamén. A vigairía de Evanxelización organiza o vindeiro sabádo 20 de febreiro un encontro formativo online titulado “Testigos de Cristo”, que profundará nas vivencias persoais da fe no seo da nosa diocese.

· Precisamente, don Segundo foi noticia esta semana porque este mes remata a súa etapa como deán da Catedral de Santiago de Compostela. Como se valoran estes anos desde a nosa diocese? Que significou o seu traballo para o impulso dos Camiños de Santiago?

· Para rematar, falamos outro domingo máis de programación televisiva relacionada coa nosa diocese. Se hai sete días a protagonista era a Catedral de Mondoñedo no programa “Pueblo de Dios” de TVE, hoxe tocoulle ao noso diácono Jaime Iglesias no espazo “Polo camiño da fe” da TVG. Neste caso, o programa estaba a ser emitido xusto arestora, pero poderá verse online na web da CRTVG.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol