'Habla la Diócesis': Coresma + Recomendación Semana Santa + Proxecto Agarimo en Foz

Presentado por Ada Romero y coordinado por Baruk Domínguez

Intervención semanal del administrador diocesano a través de la Cadena COPE

"A Coresma non pode quedar nun tempo litúrxico senón nunha oportunidade para nós"

· I DOMINGO DA CORESMA: Polo bautismo fomos salvados como Noé e os seus no arca. Neste tempo temos que reavivar esa graza bautismal. O Evanxeo preséntanos a Xesús no deserto corenta días, deixándose tentar por Satanás, vivindo entre alimañas e servido polos anxos. Así inaugurou a práctica da nosa penitencia coresmal e ensinounos a sufocar a forza do pecado, rexeitando as tentacións do inimigo. Comezamos con el o camiño cara á Pascua. E pedimos ao Pai “que nos faga sentir fame de Cristo, pan vivo e verdadeiro, e que nos ensine a vivir constantemente de toda palabra que sae da súa boca”.

· Celebramos hoxe o primeiro domingo de Coresma, no que, desde o exemplo ofrecido polo noso Señor Xesucristo, comeza o venerable sacramento da “anual observancia coresmal”.

· Saían tamén estes días as disposicións para a liturxia na Semana Santa e as recomendacións sobre actos relixiosos e culturais na nosa diocese nestes tempos de coronavirus. En que consisten?

· Xa que falamos de confrarías, hai que falar da de Dores, en Ferrol, que nuns cantos meses verá a súa igrexa rehabilitada. De feito, esta semana recibía a visita do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que reafirmaba o compromiso da administración autonómica para a súa mellora. En que consistirán as actuacións neste emblemático templo diocesano?

· Outra mellora que fará a Xunta de Galicia, neste caso cun investimento superior aos 180.000 euros é a eliminación de humidades e protección de pinturas murais no Santuario da Ponte, na parroquia ribadense de Arante. Por que é importante coidar este ben material?

· Falamos agora dunha cuestión á que lle adicaremos uns minutiños. Trátase dunha iniciativa que ten a súa orixe na UPA de Foz e no grupo de Cáritas, e que se denomina ‘Proxecto Agarimo’. Sabemos que é unha proposta moi ambiciosa e complexa, pero en que consisten os seus piares fundamentais?

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol