'Habla la Diócesis' (07.03.2021): Semana Santa + Educación concertada + Día da Muller Traballadora

Presenta Ada Romero y coordina Baruk Domínguez

Intervención semanal del administrador diocesano a través de la Cadena COPE

"A educación concertada é unha educación nos valores evanxélicos, onde se pon no centro á persoa. Non é unha competencia, seón un servizo e unha complementariedade"

· III DOMINGO DA CORESMA: A primeira lectura de hoxe preséntanos os mandamentos que Deus revelou a Moisés. Unha lei que é perfecta, que é descanso da alma, uns mandamentos que son verdadeiros e enteiramente xustos, palabras de vida eterna. Se se valorasen estes preceptos do Señor, sería o mundo como é, tan cheo de inxustizas e maldades? Valoramos nós hoxe eses mandamentos? Na segunda lectura fálasenos de Cristo crucificado como expresión da forza de Deus e da sabedoría de Deus. O seu corpo, templo de Deus, será destruído na morte na cruz, pero ao terceiro día resucitará. Isto énchenos de esperanza aos que morremos e resucitamos con el no bautismo.

· Tamén falamos da Semana Santa, e lembramos as disposicións xa anunciadas hai unhas semanas desde o goberno da diocese de Mondoñedo-Ferrol, ás que agora se suman tamén as directrices e recomendacións da Conferencia Episcopal Española para todo o territorio estatal. Aínda así, e vistas algunhas novas que aparecían estes días nos medios, faise necesario seguir insistindo na mensaxe de que este ano terá que ser unha celebración distinta, sen grandes actos na rúa e potenciando a liturxia no interior dos templos coas medidas de prevención e seguridade necesarias.

· Deixamos un intre a Semana Santa e falamos tamén desta última “semana” que rematamos hoxe, e na que comezaba o proceso de admisión para os centros de ensino de Galicia. No tocante aos centros concertados vencellados a algunha comunidade relixiosa, o certo é que temos varios aquí na diocese, especialmente na zona de Ferrol e A Mariña. Algúns deles, como é o caso do Pilar de Foz, están de noraboa este curso, xa que celebran o seu 75 aniversario.

· Falamos de máis asuntos xerais que afectan á nosa igrexa particular. Mañá conmemorase o 8-M, o Día da Muller. Nun ano complexo coma este, haberá menos actos reivindicativos polas rúas ou, polo menos, estarán máis controlados que noutras ocasións. Con todo, e máis aló de cuestións políticas, ideolóxicas ou doutra índole, nunca é mal momento para seguir a reivindicar o papel crecente da muller na igrexa.

· Xa que falamos do papel das mulleres no seo da nosa igrexa particular, hai uns días recibíamos aquí en Ferrol a Cristina Pereiro, a nova directora do Centro de Día e Inclusión Social “Gabriel Vázquez Seijas”, unha moza de Carballo con moi boa disposición, unha ampla experiencia a pesar da súa xuventude e moitas gañas de traballar.

· Falamos por último dunha cuestión de axenda que teremos a mediados deste mes, da que falaremos máis polo muído en vindeiros programas, e que é o Día do Seminario, que se celebra coincidindo coa festividade de San Xosé, o 19 de marzo.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol