'Habla la Diócesis' (28.03.2021): A Semana Santa na diocese: espiritualidade, actos litúrxicos e esperanza

Presentado por Ada Romero y coordinado por Baruk Domínguez

Intervención semanal del administrador diocesano a través de los micrófonos de la Cadena COPE

Antonio Valín: "O Domingo de Ramos é o gran pórtico de todo o que se vai celebrar na Semana Santa. É un día moi entrañable"

· DOMINGO DE RAMOS NA PAIXÓN DO SEÑOR: Conmemoramos hoxe a sacra entrada de Xesús en Xerusalén, montado nun burriño. Con este acto de humildade, amósanos así o camiño do seu rebaixamento que o levará ata a morte, unha morte na cruz. Así amosou ao xénero humano o exemplo dunha vida submisa á vontade de Deus. Lese hoxe a Paixón segundo san Marcos, cuxo tema central é o de Xesús como Fillo de Deus, o Servo de Deus mártir, vaticinado por Isaías, que morre na cruz. Este sacrificio actualízase na eucaristía, na que hoxe pedimos a misericordia que non merecen os nosos pecados.

· Comezamos hoxe a Semana Santa, o tempo litúrxico máis importante para os cristiáns, e facémolo co Domingo de Ramos. Trátase, sen dúbida, dunha das celebracións máis populares e multitudinarias nas nosas parroquias, gocen ou non dunha especial tradición de procesións, e que este ano se terá que levar a cabo dun xeito diferente.

· Xa que falamos de restriccións, hai dous municipios da diocese, Ortigueira e Neda, que se atopan agora mesmo en nivel alto pola incidencia da Covid.

· Falando xa de actos concretos, aínda que non haxa procesións, haberá varias celebracións litúrxicas importantes, algunha delas restransmitida en directo a través da canle diocesana de YouTube ou das canles das confrarías de Viveiro e Ferrol, por exemplo.

· Falando agora da parte máis espiritual, que temos que conmemorar e celebrar estes días? Como debemos vivir esta Semana de Paixón, participemos ou non presencialmente nos actos programados?

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol