'Habla la Diócesis' (04.04.2021): Pascua + Resumen Semana Santa + Restauración Catedral

Presenta Ada Romero y coordina Baruk Domínguez

Intervención semanal del administrador diocesanos a través de los micrófonos de la Cadena COPE

· DOMINGO DE PASCUA DE RESURRECIÓN DO SEÑOR: Neste día Deus abriunos as portas da eternidade por medio do seu Unixénito, vencedor da morte, e pedimos ser renovados polo Espírito Santo para resucitar á luz da vida. Hoxe é o día no que actuou o Señor. A pedra que refugaron os arquitectos -Cristo na súa paixón- é agora a pedra angular unha vez que resucitou. E cremos neste misterio grazas ao testemuño dos apóstolos que comeron e beberon con el despois da súa resurrección e viron o sepulcro baleiro. A partir de aí, unha vez que polo bautismo resucitamos con Cristo, busquemos os bens de alá arriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus.

· Comezamos hoxe a Pascua, no medio desta pandemia que seguimos a padecer de preto nas nosas casas, nos nosos traballos e nas nosas comunidades. Que significado especial ten para nós, neste momento, este tempo litúrxico e como debemos vivilo e celebralo?

· Vimos de vivir unha Semana Santa diferente, pero mellor que a do pasado ano 2020, no que sufrimos unhas restriccións moito maís severas. Con todo, houbo que reformular o xeito de facer as cousas, algo polo que hai que felicitar a todas as confrarías penitenciais e irmandades, os sacerdotes da diocese e a xente que colabora nas nosas unidades pastorais e parroquias. Como se valoran as celebracións destes días? Foi posible vivir a paixón e o sentimento da Semana Santa dun xeito máis recollido, mirando máis ao interior que ao exterior?

· Ademais dos días “grandes” do Triduo Pascual, houbo unha celebración importante na Catedral de Mondoñedo o Martes Santo, a Misa Crismal presidida por monseñor Santiago Agrelo. Na súa homilía, mandaba unha mensaxe importante sobre o feito de ser “unxidos”, algo que nos convirte en “Cristos, máis que en cristiáns” e nos fai “vivir en misión”. Que podemos dicir desta mensaxe e como a podemos aplicar ás nosas vidas?

· Xa que falamos de “misión”, temos que poñer o foco no Proxecto Agarimo da UPA de Foz, do que xa falamos no seu día, pero que este Xoves Santo celebrou a súa presentación en comunidade cunha Maratón do Amor Fraterno. En que consistiu esta xornada e cal foi o seu obxectivo?

· Imos agora con outro proxecto importante, pero doutro tipo. O pasado martes visitaba a Catedral de Mondoñedo o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, para presentar as actuacións que fará a Xunta de Galicia nas pinturas murais do templo. Cando se farán estas obras, cal será o seu custe e para que servirá a intervención?

· Por último, xa que falamos de cuestións culturais e patrimoniais, temos que facer referencia ao Camiño de Santiago. Durante os tres primeiros meses do ano, foi moi escaso o número de peregrinos que completaron a ruta xacobea a través do Camiño Norte ou do Camiño Inglés.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol