'Habla la Diócesis' (23.05.2021): Pentecostés + Día Acción Católica + Situación Ceuta

Presentado por Ada Romero y coordinado por Baruk Domínguez

Intervención semanal del administrador diocesano a través de los micrófonos de la Cadena COPE

"Nos conflitos migratorios sempre hai persoas detrás; hai motísima dor; temos que buscar unha solución e nunca xogar coas persoas"

· DOMINGO DE PENTECOSTÉS: En Pentecostés, cincuenta días despois da Pascua, celebraban os israelitas a Alianza do Sinaí, escrita nas táboas de pedra que Deus entregou a Moisés, e pola que foron constituídos en pobo de Deus. Estando reunidos todos os discípulos nese día, aos cincuenta da resurrección de Cristo, veu sobre eles o Espírito Santo, a lei da Nova Alianza, escrita non xa en táboas de pedra senón no corazón de cada crente. Neste día comezaron a ser o novo pobo de Deus, a Igrexa, aberto a todo o mundo como se expresa no don de linguas que recibiron. Xa antes, Xesús resucitado dera o Espírito Santo aos apóstolos para que puidesen perdoar os pecados. O Espírito segue vindo a nós polo bautismo e únenos así a todos formando un só corpo en Cristo.

· Celebramos hoxe a festividade de Pentecostés, e a nivel diocesano xa tivemos algún encontro ou vixilia, tanto na zona ferrolá, en Canido, como na mariñá, en Foz.

· Na xornada de hoxe, Día da Acción Católica e do Apostolado Seglar, tamén temos unha convocatoria importante para as seis da tarde, e que incluirá unha conferencia e un momento de oración.

· Con este envío do Espírito Santo tamén lembramos que neste mes de maio iniciamos de novo as celebracións de primeiras comuñóns e confirmacións, neste último caso as primeiras presididas por vostede como administrador diocesano.

· Falamos de outras eucaristías presididas por vostede, como a do 75 Aniversario do Colexio O Pilar de Foz, que se celebrará este vindeiro xoves 27 de maio, e coa que se pecharán os actos festivos deste ano especial.

· Tamén na vindeira semana comezan os actos previos á Semana da Caridade de Cáritas. O primeiro será o martes 25 de maio ás oito da tarde, unha conferencia virtual titulada “Alimentación y vestido como derecho. Cuestión de dignidad, autonomía, inclusión y sostenibilidad”, impartida por María Martínez Rupérez, do equipo de inclusión de Cáritas Española.

· Se falamos de cuestións humanas, non podemos apartar os ollos so que está a pasar aquí preto, en Ceuta e Melilla, e tamén un chisco máis lonxe, co recrudecemento dos conflitos en Terra Santa.

· Por último, xa que estamos a rematar o mes de maio, lembramos que xa queda menos para presentar a declaración da renda e que é importante marcar a “X” a favor da Igrexa e tamén, dado que son totalmente compatibles, a de fins sociais.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol