'Habla la Diócesis' (06.06.2021): Día de la Caridad + Me apunto a Religión + Manos Unidas

Espacio presentado por Ada Romero y coordinado por Baruk Domínguez

Intervención semanal del administrador diocesano a través de los micrófonos de la Cadena COPE

"A asignatura de Relixión é un complemento a todas as outras (...) non estamos na catequese, estamos dando a coñecer un pensamento, unha filosofía, un entorno baseado nos valores evanxélicos que conforman á persoa"

· DOMINGO DE CORPUS CHRISTI: A festa de hoxe céntrase na adoración da eucaristía na que Cristo está presente verdadeira, real e substancialmente. Unha presenza que se prolonga fóra da misa no sagrario. As lecturas deste ano litúrxico céntranse na Alianza do Señor co seu pobo: a do Antigo Testamento, selada co sangue dos holocaustos, a Nova e eterna Alianza, selada co sangue de Cristo que purifica a nosa conciencia das obras mortas levándonos ao culto do Deus vivo; Alianza da cal el é o mediador. A participación na eucaristía vincularanos cada vez máis coa súa Alianza. Camiñando nela seremos conducidos ata o final dos tempos, ao encontro definitivo co Señor.

· Celebramos hoxe o día de Corpus Christi, unha festa con significado interno moi importante para os cristiáns pero que, tradicionalmente, tamén se expresa dun xeito externo, coas alfombras florais ou as procesións de nenos e nenas cos traxes das primeiras comuñóns que hai en moitas vilas da diocese.

· Nesta xornada, aparte doutros actos diocesanos, temos en Foz a presentación do novo disco de Tere Nécega e Salomé Arricibita, “Dime cómo ser pan”, cun concerto que se celebrará ás 18:30 horas na igrexa parroquial. Xa o falamos a semana pasada, pero trátase dun álbum que xustamente neste Día da Caridade ten como fío conductor o ideario de Cáritas, cuestións como amar ao próximo, dar de comer ao famento ou ser a sal e o pan de vida que precisa o mundo.

· Precisamente no día de hoxe culmina a Semana da Caridade, na que coñecimos varias cuestións importantes sobre a actividade de Cáritas Diocesana. Na rolda de prensa do pasado xoves, a coodinadora da entidade en Mondoñedo-Ferrol, Marta Pazo, contábanos que no pasado ano 2020 atenderon a máis de 5.000 persoas no territorio da diocese.

· Seguimos falando de entidades sociais, neste caso de Mans Unidas, que nos lembra que noutros lugares do mundo tamén hai persoas que precisan da nosa axuda. Este ano, aínda marcado polas restricións da pandemia, a delegación ferrolá optou por realizar o seu Rastrillo Solidario de Verán nas súas instalacións da rúa Magdalena 230. A través da venda de produtos de artesanía cedidos ou realizados por voluntarios da organización e colaboradores, pretenden contribuír a financiar un dos proxectos que a organización realiza no estado de Nagaland, no noroeste da India.

· Imos cunha cuestión da que falabamos tamén a pasada semana, como é o ensino de Relixión Católica nos colexios e institutos. Neste caso, falamos dunha campaña artellada pola comisión episcopal para a Educación e a Cultura, na que convida aos nosos rapaces a cursar esta asignatura para ser mellores compañeiros, amigos, veciños e cidadáns.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol