II Campamento de Voluntariado para a Sostenibilidade de Manos Unidas Galicia

Do 12 ao 15 de agosto en Vilasantar (A Coruña)

A delegación diocesana de Manos Unidas ofrece unha beca de participación

16 xuño 2021.- A Escola de Voluntariado de Manos Unidas Galicia é unha proposta formativa e vivencial dirixida a mozas e mozos galegos de entre 18 e 35 años, que pretende dotarlles de ferramentas e capacidades para o traballo en favor da Axenda 2030, mellorando a comprensión dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e do papel fundamental que a cidadanía, a través do voluntariado, ten para lograr superar as inxustizas e desigualdades existentes na actualidade.

A escola de voluntariado enmárcase dentro do proxecto “Fame Cero: formación, participación e mobilización educativa polo dereito humano á alimentación no marco dos ODS. Fase II.” financiado pola Xunta de Galicia na convocatoria de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.

A escola de voluntariado desenvolverase como un campamento de voluntariado para a sostenibilidade, nas instalacións da Asociación Raiña Paraiso en Vilasantar (A Coruña) durante os días 12 ao 15 de agosto.
 

PROGRAMA
Xoves 12 de agosto
10:45 Recepción das persoas participantes.
11:00 Presentación do programa e introdución
14:00 Comida
16:00  Introdución ao Voluntariado
18:00 A participación social, clave para a consecución da axenda 2030
20:00 A Axenda 2030 e os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS)
22:30 Obradoiro sobre o ODS 1. Loita contra a pobreza

Venres 13 de agosto
10:00 Obradoiro de agroecoloxía.
16:00 ODS 2. Fame Cero: Desmontando os mitos dá fame I
18:00 ODS 2. Fame Cero: Desmontando os mitos dá fame  II
20:00 Obradoiro: Que podemos facer para acabar coa fame?
22:30 Videoforum

Sábado 14 de agosto
10:00 Ruta de sendeirismo
16:00 ODS 13 Acción polo Clima
18:00 ODS 12 Produción e Consumo responsable
20:00 Obradoiro
22:30 Festa de conclusión. 

Domingo 15 de agosto
10:00 Obradoiro de agroecoloxía
12:00 O papel da sociedade civil nas Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Videoconferencia co Responsable de CIDSE (Rede europea de ONGD’s)
16:00 Avaliación e despedida. 


O campamento ten un prezo de 40,00 euros, que inclúe o aloxamento, pensión completa desde a comida do día 12 á comida do día 15, a contratación do seguro e a posibilidade de transporte desde Santiago de Compostela a Vilasantar, para aqueles que o necesiten.

As persoas participantes terán que levar unha saba baixeira, funda de almofada, saco de durmir, roupa e calzado cómodo e apropiado para actividades de tempo libre.

As actividades realizaranse nas instalacións da Asociación Raíña Paraiso en Vilasantar (A Coruña).

Inscrición

O proceso de inscrición finaliza o 25 de xullo. As prazas confirmaranse a través do enderezo electrónico, previo pago por transferencia bancaria da inscrición, e incluirase como concepto: Campamento e o teu nome completo, na seguinte conta bancaria:

Titular: Mans Unidas
ABANCA ES76 2080 0300 8930 4004 4605

Se necesitas máis información, ponte en contacto connosco a través de:
educación.galicia@manosunidas.org

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol