'El Espejo' (02.07.2021): Especial novo bispo diocesano + Xornada de Responsabilidade no Tráfico

Dirixido e presentado por Baruk Domínguez

Magacine semanal de actualidad diocesana a través dos micrófonos da Cadena COPE

 

ESPECIAL NOVO BISPO DIOCESANO: FERNANDO GARCÍA CADIÑANOS

Co gallo da noticia, sen dúbida, da semana, e do ano, na nosa diocese, como foi onte coñecer o nomeamento oficial do novo bispo de Mondoñedo-Ferrol, o sacerdote burgalés Fernando García Cadiñanos. Como recordatorio desa xornada tan especial que vivimos onte, recuperamos as primeiras declaracións xurdidas tras coñecer a noticia; primeiro as verbas do noso administrador diocesano, Antonio Valín, coa súa mensaxe de benvida ao novo pastor; e segundo, o audio do vídeo que o mesmo don Fernando quixo enviar a todos os diocesanos de Mondoñedo-Ferrol a través dos medios telemáticos. Non o perdades!


 


ENTREVISTA: JOSÉ REY, DELEGADO DE PASTORAL DA CARRETERA

O vindeiro domingo 4 de xullo a Pastoral da Carretera celebra a Xornada Mundial de Responsabilidade no Tráfico, unha data na que conmemoramos a festa de san Cristóbal, patró dos condutores, e na que lembramos como temos que comportarnos como cristiáns, e tamén como bos cidadáns, cando imos ao volante do noso vehículo. Para falar disto contamos co delegado diocesano de Pastoral da Carretera en Mondoñedo-Ferrol, o sacerdote José Rey Kochinke.