'Habla la Diócesis' (04.07.2021): Un novo bispo diocesano + Responsabilidade no Tráfico + Igrexa de Bazar

Espazo presentado por Ada Romero y coordinado por Baruk Domínguez

Intervención semanal do administrador diocesano a través dos micrófonos da Cadena COPE

· NOMEAMENTO DO NOVO BISPO DE MONDOÑEDO-FERROL: Acollida da nova na diocese. Perfil do novo bispo electo, Fernando García Cadiñanos. Axenda das vindeiras datas: ordenación e toma de posesión en Mondoñedo e primeira eucaristía en Ferrol. Proxecto de futuro para a diocese, tendo en conta as principais ideas da súa primeira mensaxe de benvida.

· XIV DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO: Evanxelizar non é unha tarefa fácil e ten moitas dificultades; pero todo iso sufrido por Cristo non nos debe desencoraxar, pois así reside en nós a forza de Cristo que é a fonte da fe e da graza que queremos dar evanxelizando. Atopámonos con que en moitos hai resistencia á Palabra de Deus. Son un pobo rebelde, pero non por iso podemos deixar de anunciar o que di o Señor. Esa dificultade xa a sentiu Xesús na sinagoga do seu pobo, onde se estrañou da falta de fe dos seus paisanos. Pidámoslle ao Señor que nos dea a fe que precisamos para vivir o seu Evanxeo.

· Celebramos hoxe, nesta primeira fin de semana no mes de xullo e en plena “operación saída”, a Xornada de Responsabilidade no Tráfico auspiciada pola Conferencia Episcopal Española. A que se debe esta celebración e en que se pon o foco na edición deste ano?

· Aínda que nos atopemos agora inmersos nuns meses frenéticos de novidades, a vida continúa nas nosas parroquias, coa celebración de comuñóns, confirmacións e tamén efemérides especiais como o centenario da igrexa parroquial de San Pedro de Bazar, en Castro de Rei.

· Temos que lembrar tamén que nesta primeira quincena do mes de xullo segue aberto o prazo para inscribirse no Campamento Diocesano de Mondoñedo-Ferrol, que se celebrará nas instalacións do Seminario de Mondoñedo entre os días 11 e 15 de agosto.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol