'Habla la Diócesis' (18.07.2021): Chegada do novo bispo + Peregrinación Madre Ven + Virxe do Carme

Intervención semanal do administrador diocesano

· XVI DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO: A figura de Cristo como Pastor do pobo de Deus é o centro da liturxia de hoxe. Nel cúmprese a profecía de Xeremías: «Eu mesmo reunirei o resto das miñas ovellas de todos os países onde as expulsei». Cristo, na súa vida, xa foi Pastor sendo próximo á xente. E mediante a cruz, unindo nun só aos dous pobos —xudeus e xentís—, deu morte ao odio. Un só rabaño e un só pastor. Esta realidade espiritual faise presente na Igrexa da que están chamados a formar parte todos os pobos e na que Cristo Pastor faise presente especialmente a través do sacerdocio ministerial.

· Falamos de asuntos inminentes, e é que a capela do Hospital Xeral 'Juan Cardona' de Ferrol acolle, en pouco máis dunha hora, a eucaristía de acción de grazas pola clausura do Ano Xubilar con motivo dos 150 anos da fundación da congregación das Siervas de Xesús.

· Facemos balance tamén desta semana, bastante intensa no tocante a asuntos de actualidade, aínda que esteamos en xullo, e un deles ten que ver co novo bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos. De feito, unha delegación da nosa diocese, constituída polos membros do Colexio de Consultores, viaxou ata Burgos para reunirse co pastor electo e facer unha primeira toma de contacto sobre a cerimonia de ordenación e toma de posesión do vindeiro 4 de setembro, e tamén para falar doutros asuntos.

· Ao longo da semana tivemos tamén esa imaxe da Inmaculada Concepción da Virxe María, que finalizou o seu percorrido pola nosa diocese este pasado venres en Ferrol, para continuar o seu camiño cara Santiago de Compostela.

· Tamén este venres pasado, 16 de xullo, a parroquia de San Nicolás de Neda viviu unha celebración importante. Foi precisamente ese día, pero do ano 1961, cando esta parroquia recibiu unha reliquia do seu patrón, San Nicolás de Bari, o santo que inspirou a lenda de Papá Noel ou Santa Claus.

· Seguimos a falar deste pasado venres, xa que se xuntaron varias cuestións nese mesmo día, e iso que non citamos á Virxe do Carme, á que xa lle adicamos un bo anaco o pasado domingo. Nese día finalizaba o prazo para anotarse no Campamento Diocesano de Mondoñedo-Ferrol, un campamento un tanto distinto pola situación actual, pero que se celebrará cunha trintena de nenos e un grupiño de monitores e voluntarios do 11 ao 15 de agosto no Seminario de Santa Catalina.

· Esperemos que non haxa sustos no tocante á situación do coronavirus, que se está a volver de novo complexa na nosa comunidade. No tocante ás novidades deste últimos días, afectan en algo ás actividades litúrxicas ou ás reunións de traballo da diocese? Falarase disto na reunión do vindeiro sábado dos bispos da provincia eclesiástica de Santiago?

· Falamos, por último, doutro asunto de axenda de cara ao vindeiro sábado no mosteiro do Couto, en Narón. En concreto, a formación Arko Experience animará a «noite no mosteiro» que propón o Concello de Narón para a noite previa ao día de Santiago Apóstolo.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol