Sen saída? Digamos basta. Ninguén sen fogar

· Autor: Cáritas

A Praza de España de Ferrol acollerá un acto reivindicativo o 28 de outubro organizado por Cáritas Mondoñedo-Ferrol

31 de outubro, Xornada das Persoas sen Fogar

As máis de 40.000 persoas en situación de senfogarismo acompañadas por Cáritas pídennos responder aos retos desta emerxencia humana

14 outubro 2021.- O 31 de outubro celébrase a Xornada de "Persoas Sen Fogar", cumprindo así 27 anos da campaña "Ninguén sen Fogar", que promove Cáritas Española e outras entidades, e que ten como último obxectivo "que toda persoa viva con dignidade nun fogar propio, en paz e con vocación de permanencia".

Desde Cáritas séguese apostando pola centralidade absoluta das persoas en situación de sen fogar, así como por manter a ollada dos dereitos dun xeito global: todos os dereitos xuntos, á vez, todos os días e en todas partes.

O lema da campaña fai unha interpelación colectiva e compartida a toda a sociedade: "Digamos basta. Ninguén sen Fogar".

Máis dun ano despois da aparición da COVID-19, non se pode obviar o gran impacto social e sanitario que supuxo, en especial, na vida das persoas máis vulnerables e excluidas, as persoas en situación de sen fogar.

Por iso, debemos seguir dicindo "¡Basta!", e o queremos proclamar desde a indignación que nos produce que haxa miles de persoas e familias sen fogar, cos seus dereitos vulnerados; pero tamén desde a esperanza e a convicción de que "ninguén sen fogar é posible".

Invitámoste a participar no acto reivindicativo que se levará a cabo o 28 de outubro na Praza de España de Ferrol (10:00 h. Xesto público coordinado polo colectivo AGARIMO de Foz; 12:00 h. Lectura do Manifesto polas Persoas sen Fogar).
 

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol