Manos Unidas, Premio Solidario ‘Cidade de Ferrol’

· Autor: Manos Unidas

A entidade recibirá 4.000 euros e o acto de entrega terá lugar o vindeiro 20 de decembro

Recaeu no proxecto solidario que a ONG da Igrexa desenvolve en Uganda, orientado nos protocolos anti covid en dúas escolas infantís

10 diciembre 2021.- O pazo municipal de Ferrol ao xurado do Premio Solidario ‘Cidade de Ferrol’ 2021 do Concello, que este ano, e por vez primeira, contou con dúas liñas, a dos últimos anos dirixida a proxectos locais de solidariedade e voluntariado e unha nova para iniciativas no eido da cooperación internacional, tal e como lembrou a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero.

O xurado fallou que o primeiro é para Asotrame (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares) e o seu Club de Lectura dirixido a pacientes ingresados de hematoloxía ou en tratamento en hospital de día e aos seus coidadores e familiares. A iniciativa xa está en marcha cun grupo estable de oito participantes que se reúnen de xeito telemático unha vez ao mes para debater e poñer en común as súas experiencias a través da lectura recomendada. O premio é de 6.000 euros.

En canto á segunda liña da convocatoria, a dirixida a iniciativas no eido da cooperación internacional, o xurado determinou premiar un proxecto de Manos Unidas en Uganda orientado a garantir a hixiene e a implantación de protocolos para a prevención do covid-19 en dúas escolas infantís—coa elaboración de materiais didácticos sobre o virus e medidas de prevención e detección—, e mellorar o acceso de escolares tanto a recursos pedagóxicos como a alimentos saudables. O proxecto recolle que os beneficiarios directos serán preto de 1.200 nenos ademáis de profesores. Este proxecto recibirá 4.000 euros. A concelleira anunciou que o acto de entrega de premios terá lugar o próximo día 20.

Fonte: Concello de Ferrol

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol