O Seminario de Mondoñedo acollerá o acto "25 Anos de Literatura de Ramón Loureiro"

Cartel oficial · Autor: Club de Prensa

Está prevista a presentación oficial do libro “Las máscaras del fin del mundo”

Terá lugar o vindeiro xoves 17 de marzo ás 12:00 horas, coa presenza do bispo da diocese

14 marzo 2022.- O Real Seminario de Santa Catalina, institución intimamente vencellada á historia e á cultura de Galicia, será escenario o vindeiro xoves 17 de marzo, dun acto de recoñecemento a Ramón Loureiro, Premio Julio Camba de Xornalismo, polos seus 25 anos de creación literaria. Unha creación literaria que situou no centro da narrativa española contemporánea á Galicia do Norte, o territorio que ten as súas capitais en Mondoñedo e en Ferrol.

No acto ademais do autor homenaxeado, falarán o bispo de MondoÅ„edo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos; o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero; a historiadora Esperanza Piñeiro de San Miguel e presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Xulia Díaz.

Considerado polos críticos literarios españois como un dos narradores máis persoais e brillantes da narrativa actual, Ramón Loureiro é o autor, entre outros libros, de "Las Galeras de Normandía", considerada unha das mellores novelas publicadas en España no presente século e libro no que tanto Mondoñedo como Ferrol adquiren en especial protagonismo. Os 25 anos da literatura de Loureiro celébranse baixo o lema "A creación dun mundo", en alusión ao territorio literario do escritor: esa Última Bretaña que vén ser, en realidade, o envés da diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Durante o acto tamén se presentará o novo libro de Loureiro, "Las máscaras del fin del mundo".

Fonte: Club de Prensa de Ferrol
 

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol