Convocada a celebración comunitaria da confirmación de adultos

Confirmacións de adultos na catedral de Mondoñedo en 2019 · Autor: Diocese

Presidida polo bispo, terá lugar na catedral de Mondoñedo o sábado 4 de xuño

27 abril 2022.- Recuperando a normalidade en aforos e posibilidades de acción pastoral nas nosas parroquias, a catequese nos distintos ámbitos e idades púidose ir realizando con certa normalidade. Así mesmo, seguro que tamén, o acompañamento dalgúns adultos que solicitaron a confirmación, e que logo dun proceso de formación considerades aptos para acceder ó sacramento.

A celebración comunitaria da confirmación de adultos vaise facendo costume na diocese, presidida polo noso bispo e na nosa catedral, dándolle así un significado e un realce maior, polo que sería desexable que os maiores da diocese que solicitan o sacramento o fagan nesta celebración, e non nas dos rapaces.

Este ano en curso, como xa se anunciara, terá lugar o sábado de Pentecoste, 4 de xuño, ás 19:00 horas, logo da inscrición previa (a través do documento adxunto que é necesario que remitades ao correo electrónico trevin@mondonedoferrol.org).

Que a forza do Espírito anime o noso compromiso de fe.

Delegación de Catequese

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol