Este verán o Campamento Diocesano volverá ser presencial

Cartel oficial da edición 2022 · Autor: CCD

A edición deste ano celebrarse en Mondoñedo do 22 ao 31 de xullo

6 maio 2022.- ¿Xa sabes que vas facer durante os últimos días de xullo? ¿Queres embarcar nunha aventura incrible este verán? Presta atención; pois agora mesmo tes entre as túas mans a proposta ideal para desfrutar dunha maneira especial de parte dos teus días de vacacións, tes o mellor motivo para saír da casa en busca de incribles emocións, tes a escusa perfecta para coñecer novas amizades...

Como vén sucedendo dende hai máis de 40 anos, o Colectivo Campamento Diocesano de Mondoñedo Ferrol, en colaboración coa delegación de Infancia e Xuventude da nosa diocese, organiza un campamento para rapaces e rapazas (nados entre os anos 2006 e 2013) durante o mes de xullo no Seminario Santa Catarina en Mondoñedo.

Dende esta páxina queremos ensinarvos todas esas cousas das que ides poder gozar en Mondoñedo durante os días do campamento. Se xa pasaches con nós algún verán máis seguro que estás agardando a que chegue o momento de marchar para o campamento; se estás pensando en vir por primeira vez non o dubides máis, seguro que repetirás. 

Se naciches entre os anos 2006 e 2013… ANÍMATE!

· Se desexas embarcarte nunha aventura fantástica.

· Se queres saborear dunha forma diferente as vacacións.

· Se tes ganas de facer novas amizades.

· Se che apetece desfrutar da natureza.

· Se queres descubrir novos lugares.

· Se queres coñecer un pouquiño máis a Xesús

Aquí tes a túa invitación! E anima a quen queiras a desfrutar do campamento con nós. E se naciches no 2004 ou antes e queres colaborar connosco durante os días do campamento, non tes máis que preguntar no noso correo electrónico.
 

INSCRICIÓN e contacto

Non tes máis que enviar a ficha de preinscrición que está na parte de atrás do tríptico antes do 17 de xuño de 2022 a:

Colectivo Campamento Diocesano
Apartado de correos 34; 27780 Foz (Lugo),

Por correo electrónico a: campadiocesano@hotmail.com

Ou se queres tamén podes inscribirte na nosa páxina web campadiocesano.wix.com/campadiocesano

Tamén podes preguntar na parroquia ao teu cura ou catequista.

Durante os días do campamento imos xuntarnos moitas persoas en Mondoñedo, isto supón un gasto para todos. O prezo do campamento será de 160 €.

Agardámosvos en Mondoñedo. Ata pronto!
 

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol