Encontro festivo e convivencia sinodal do arciprestado de Xuvia

Igrexa de Santa Rita de Xuvia (Narón)

Terá lugar o vindeiro martes 17 de maio

12 mayo 2022.- Segundo informa o arciprestado de Xuvia, o vindeiro martes 17 de maio, Día das Letras Galegas e festiva na nosa comunidade, celebrarase un encontro festivo e de convivencia sinodal na igrexa parroquial de San Olalla de Valdoviño.

Para a xornada preparouse unha camiñada desde a igrexa parroquial de Santa Rita de Xuvia, en Narón, con saída ás 8:30 horas, unha acción que servirá para "expresar que somos Igrexa de Deus que camiña unida".

Tamén será posible achegarse directamente a Valdoviño ás 12:00 horas para compartir a vida de fe.

Ás 14:30 horas está previsto un xantar de confraternidade no resturante "Brisas" de Valdoviño (prezo 15 euros), para o que será necesario anotarse na parroquia antes do sábado 14 de maio.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol