Semana da Caridade 2022

· Autor: Cáritas

Desenvolverase en As Pontes, Vilalba e Ferrol entre os días 10 e 19 de xuño

Cáritas Mondoñedo-Ferrol presenta a súa programación que contempla concertos, conferencias, un encontro intercultural e unha camiñada inclusiva

2 xuño 2022.- Neste 2022 no que se conmemora o 75 Aniversario de Cáritas Española, sen dúbida a celebración da Semana da Caridade cobra un sentido máis especial se cabe.

Baixo o lema "Somos o que damos. Somos amor" e unha campaña (que vai ser presentada oficialmente nos vindeiros días) coa que se quere facer visible o amor polas persoas máis pobres e excluidas da sociedade como eixo transversal da misión de Cáritas, desde a nosa Cáritas de Mondoñedo-Ferrol preparouse un completo calendario de actividades para celebrar a Semana da Caridade. Os actos desenvolveranse entre o venres 10 e o domingo 19 de xuño en As Pontes, Ferrol e Vilalba, e contemplan un concerto, dúas conferencias, un encontro intercultural e mesmo unha camiñada inclusiva. Detallámolos a continuación.

Poderedes ampliar esta información visitando a páxina web: www.caritas.es/mondonedoferrol
 


 

Venres 10
Actuación conxunta dos alumnos do Conservatorio de As Pontes e a Rondalla 'Vila de As Pontes'. Actuarán o 10 de xuño, ás 20:30 horas, diante do Concello de As Pontes (en caso de mal tempo, o concerto será na Casa Dopeso).

Mércores 15
Conferencia presencial “Hacia una sociedad de los cuidados”, a cargo de Pepe Laguna, ás 19:30 horas, no Centro Cultural "Torrente Ballester" de Ferrol.

Xoves 16
Rolda de prensa de presentación da Semana da Caridade-Corpus 2022, ás 11:00 horas no Centro de Día de Inclusión Social "Gabriel Vázquez Seijas" de Ferrol.

Xoves 16
Conferencia online “A economía do ben común: a experiencia da granxa La Fageda”, a cargo de Albert Riera, ás 18:00 horas a través da plataforma ZOOM. Inscrición previa no correo coordinación.cdmondonedo@caritas.es.

Inauguración da capela do Centro de Día de Inclusión Social "Gabriel Vázquez Seijas" de Ferrol, ás 19:00 horas, coa presenza do bispo da diocese.

Venres 17
Encontro Intercultural no Centro Recreativo de Vilalba, ás 18:00 horas.

Venres 17
Mesas de sensibilización nas rúas (Consulta no grupo de Cáritas da túa parroquia ou UPA).

Sábado 18
I CAMIÑADA SOLIDARIA INCLUSIVA Ferrol-Narón, con saída dos concellos de Ferrol e Narón ás 11:00 horas. Os dorsais xa poden recollerse nas Cáritas parroquiais de Ferrol, Narón e Meirás, e nas sedes das confrarías de Semana Santa de Ferrol (alí tamén poderedes formalizar a inscrición). O coste de cada dorsal é de 5 euros e poderanse mercar varios dorsais como doazón solidaria. A cantidade recollida nesta camiñada destinaranse aos programas de acción social de Cáritas Mondoñedo-Ferrol (acollida e acompañemento, emprego, persoas en situación de sen fogar, infancia e adolescencia, maiores en situación de soedade non desexada e voluntariado).

Domingo 19
Celebración da solemnidade do Corpus Christi. Eucaristías: catedral de Mondoñedo, ás 12:00 h.; e na concatedral de San Xiao de Ferrol ás 18:00 h. Estarán presididas polo bispo da diocese, monseñor Fernando García Cadiñanos.
 

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol