Encontro de verán de "Encrucillada" en Canido

· Autor: Encrucillada

Venres 5 de agosto no Centro Cívico de Canido ás 19:30 horas

A revista "Encrucillada", toda unha historia unida a Ferrol e con difusión internacional, editou xa o número 228

27 xullo 2022.- "Despois de tanto tempo de estarmos limitados no uso dos espazos e coas relacións humanas enrarecidas, que ben nos vén aprendermos a retomar de novo as comunicacións entre todos nós. E dicimos“aprendermos” porque son tantas as cousas que nos pasaron que o modelo de comunicarnos xa non é o mesmo. Porque nós temos feridas, marcas, cicatrices e cómpre darlles a debida reorientación".

Revista ENCRUCILLADA naceu ao abeiro da Igrexa conciliar e comprometida dos anos sesenta-setenta. A primeira sede situose no barrio ferrolán de Canido, co apoio do bispo Miguel Anxo Araújo, a quen tanto se lle debe na defensa da lingua e da cultura galegas. Incluida a súa postura valente na defensa do mundo obreiro, mariñeiro e agrario-rural e da emigración.

Agora, desde o seu consello de redacción están intentando darlle á revista unha nova xeira de renovación, no ámbito máis aberto do humanismo cristián. Para a cal convocan unhas xornadas para programar o vindeiro curso e un encontro aberto o venres 5 de agosto no Centro Cívico-Social de Canido, en Ferrol, ás 19:30 horas. No acto intervirán Carme Solloso, Antón Cortizas, Roberto Taboada, Guillermo Leira, Marisa Vidal e Xaquín Campo.

Para calquera referencia ou suxestiónestá dispoñible o teléfono 629 150 522.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol