Santiago acollerá o Encontro de Axentes de Pastoral Familiar de Galicia

Días 1 e 2 do mes de outubro co lema "Acompañar: axudando a ser protagonistas"

20 setembro 2022.- A Casa de Exercicios de Santiago de Comostela acolllerá durante os días 1 e 2 de ocutubro o Encontro de Axentes de Pastoral Familiar de Galicia. nesta ocasión baixo o lema "Acompañar: axudando a ser protagonistas".



 

Para formalizar a inscrición pódese facer escaneando directamente o código QR do cartel oficial, contactando coa delegada diocesana de Leigos, familia e Vida, Mar Sarmentero, no teléfono 699 417 676; o remitindo un email á delegación, na dirección laicos@mondonedoferrol.org.

Poderán participar todos os axentes de pastoral (matrimonios e sacerdotes) que traballan nas UPA/parroquias con familias ou que se sentan chamados a traballar nese ámbito vital para a sociedade e a Igrexa.

Está prevista a participación de Miguel de la Mata, OFM, experto no tema, e conectarase en directo con matrimonios doutras delegacións con experiencia no acompañamento a parellas, matrimonios e familias.

Desde a delegación de Leigos, Familia e Vida da nosa diocese faise un chamamento á participación neste encontro para "ser discípulos misioneiros no medio das familias" e para que, como axentes de pastoral, "podamos axudar a que descubran como o Señor se fai presente na súa vida e é motor do seu amor".

Lembramos o que nos di o papa Francisco: "Casar e compartir a vida é algo fermoso. É unha viaxe comprometida, ás veces difícil, ás veces complicado, pero paga a pena animarse. E nesta viaxe de toda a vida, a esposa e o esposo non están sós; acompáñaos Xesús”.
 

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol