Delegación de Pastoral de la Salud

Delegado
D. José Luis Fernández Fernández

Domus Ecclesiae, Miramar s/n, 15401 Ferrol (A Coruña)
981 353 295 | 981 353 200 | 686 998 685
psalud@mondonedoferrol.org
Twitter: @pastoralsaudemf

La Pastoral de la Salud es una sección de la Delegación de Desarrollo Humano Integral (DHI)

 

· Xubileo da Pastoral da Saúde e Cursiño Rexional: 22 de outubro de 2022

Despois de máis de dous anos sen poder reunirnos a causa da Pandemia da COVID 19, é moi grato para min comunicarvos que o vindeiro 22 de outubro, celebraremos en Santiago de Compostela o Cursiño Rexional de Pastoral da Saúde. Deste xeito, recuperamos unha das citas máis agardadas polas Delegacións de Pastoral da Saúde de Galicia, e das máis desexadas por tódolas persoas que desenvolven a súa misión de servizo na Igrexa a carón dos enfermos.

Esta será una Xornada moi especial porque, ademáis do cursiño, desde o SIPS (Secretariado Diocesano de Pastoral da Saúde) organizamos O Xubileo da Pastoral da Saúde. Así, tódolos participantes teremos a oportunidade de rematar este Ano de Xacobeo ós pés do Apóstolo Santiago, para agradecerlle o seu testemuño e para encomendarnos á súa xenerosa protección na nosa tarefa como discípulos misioneiros de Xesús, o Samaritano de AMOR.

Diríxome a todos con ilusión e anímovos a participar activamente nesta Xornada: ós sacerdotes, capeláns de centros sanitarios, residencias de maiores, ós voluntarios e axentes de Pastoral da Saúde, ós membros da Hospitalidade de Lourdes, ós relixiosos, ós leigos, …

A cantos tedes una sensibilidade ou un compromiso especial coa realidade dos enfermos; e a cantos volo plantexastes nalgunha ocasión e aínda non destes o paso, convídovos de boa gana a coñecer a Pastoral da Saúde a participar coa vosa colaboración neste camiño apaixoante do mandato evanxélico: “sanade, coidade, acompañade e consolade ós enfermos e feridos”.

Agardando a vosa resposta, achégovos o programa dos actos deste día… Contactade conmigo para inscribirvos.

José Luis Fernández (delegado episcopal de Pastoral da Saúde da Diocese de Mondoñedo-Ferrol). Tfno. 686 998 685 - Email. psalud@mondonedoferrol.org

 

· “Misericordiosos coma o Fillo”

Permitídeme neste tempo de Pascua reformular o lema da campaña do enfermo deste ano: “Acompañar no sufrimento”.

“Sede misericordiosos coma o voso Pai é misericordioso” (Lc 6,36).

O domingo 22 de maio (VI da Pascua) a Conferencia Episcopal Española convídanos a celebrar a Pascua do Enfermo, dándolle continuidade a un tempo que empeza o 11 de febreiro coa festa da Nosa Señora de Lourdes e a Xornada Mundial do Enfermo.

E digo a propósito “dando continuidade” porque o tempo dos enfermos na Igrexa non remata, senón que se renova e sae fortalecido á luz da resurrección de Xesús, quen venceu para sempre todo mal, incluso a morte, despois de pasar pola cruz e polo sepulcro.

Animémonos e atrevámonos a descubrir na mirada limpa de Xesús os seus ollos misericordiosos.

Eses ollos que foron capaces de asombrarse, de enxergar, de aprender, de enfadarse, de interpretar, de conectar, de chorar e de rir, de xogar e de rezar. Os ollos que se fixaron nas cousas sinxelas e cotiás do seu tempo, e aproveitaron para devolvérllelo, transformado en sabedoría santa, ós seus discípulos coa mesma simplicidade e cercanía en forma de exemplos e parábolas.

Os ollos que non pasaron de largo, que viron ás persoas no medio das multitudes; que se achegaron ós doentes e afastados; que acolleron ós descartados e que se compadeceron sempre dos sufrintes e feridos pola vida.

Os mesmos ollos que se fixaron no cego e no paralítico; en Zaqueo e na muller adúltera; no xoven rico; no fariseo e no publicano; nas filacterias dos sacerdotes do templo e na humilde esmola que ofrecía unha viúva.

Os ollos que nos ensinan a mirar desde o corazón para albiscar a Deus mesmo nos irmáns e ós irmáns nos inimigos.

Ollos de misericordia que se detén serenos a sandar e liberar, a acoller e perdoar; sen prexuízos, soberbias nin reproches.

Eses seus ollos misericordiosos que baixan do ceo á terra, do misterio ó concreto, do Tabor da Transfiguración ás beiras do mar de Galilea. Ollos de Deus cheos de humanidade, ollos de humanidade cheos do Espírito de Deus.

Neses seus ollos misericordiosos queremos fixar hoxe os nosos, dispostos e comprometidos a seguir a súa luz para dar testemuño, tamén coa nosa mirada, de que somos capaces de ver, porque estamos capacitados, as miserias e as grandezas deste mundo.

E así, unha vez renovada a nosa mirada na fonte limpa dos ollos de Xesús, todo o visto pasará polo noso corazón para ser peneirado e devolto en semente e froito de misericordia.

(Inspirado pola lectura do libro “Esos tus ojos misericordiosos” do P. Raniero Cantalamessa).

Saúde, paz e ben.

Que o señor nos bendiga e a nosa Señora de Lourdes, saúde dos enfermos, coide de todos nós.

José Luis Fernández.
Delegado de Pastoral da Saúde

[Durante toda esta semana que comenza quero animar ós nosos sacerdotes e axentes de pastoral a acompañar ós enfermos e ás súas familias especialmente coa celebración do sacramento da Unción, como sacramento de vida renovada e reforzada pola presenza do Espíritu Santo. E a tódolos enfermos anímovos tamén a achegarvos ó sacramento que renova en todos presenza e eficaz do Espírito sandador; forza, consolo e esperanza na debilidade].

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol