Acoller o cambio

· Autor: V. M.
"O difícil é crer na luz no medio da tebra deste mundo onde aos malos nunca lles pasa nada é, por riba de todo, lles vai moi ben"

A Coresma é o tempo do cambio. Conversión quere dicir isto: cambio. Hai duas maneiras, porén, de entendelo cambio: cambiar eu certas cousas na vida –na miña ou na dos outros- ou ben acoller o cambio. O primeiro é máis doado ca o segundo. Cambiar cousas, mesmo importantes na vida, e máis doado que acoller o cambio. A vida pódenos cambiar nun intre. O que non pode a vida é facer o que só nós podemos: acoller o cambio. A conversion da que nos fala Xesús non é troco dunhas cousas por outras: do que está mal polo que está ben. Non nos convida a trocar cousas na vida. Isto xa sabemos facelo se queremos. Convídanos a acoller o cambio, a vida que nos cambia nun intre ás veces. Isto é a conversion que agarda de nós.

A vida é certo que nos pode cambiar nun intre. Para ben ou para mal. A vida vén como vén. As cousas pasan, ás veces, sen que poidamos facer nada por evitalas. Sen que poidamos nin sequera entendelas. Aos malos tócalles a lotaría. Alomenos parécenos que nunca lles pasa nada. Todo me pasa a mín; "Por que a min?", pregúntase calquera, "se eu sempre me portei ben e fun una boa persoa...". Doutra banda, para os que lles vai ben ou non lles pasa nada, non é certo que foron ditas aquelas palabras?: "Vindo a luz ao mundo os homes escolleron a tebra en vez da luz".

O difícil non é trocar unhas cousas por outras, as malas polas boas. Se che toca a lotaría podes facelo axiña. E se non che toca pero es unha boa persoa sempre poderás mellorar. O difícil é acoller a luz que vén cara nós cando a vida nos cambia. O difícil é crer na luz no medio da tebra deste mundo onde aos malos nunca lles pasa nada é, por riba de todo, lles vai moi ben.

Publicado: 15/03/2021: 780
Víctor Márquez Pailos

Gijón (1968) - Sacerdote, miembro del equipo sacerdotal encargado de la atención pastoral de la UPA As Pontes-As Somozas