Delegación del Clero

Delegado
M. I. Sr. D. Antonio Rodríguez Basanta
670 248 594
delegacionclero@mondonedoferrol.org

 
· Circular maio 2022: fiesta sacerdotal de SAn xoán de Ávila

O vindeiro día 10 de maio, martes, celebramos ao noso santo patrón, san Xoán de Ávila. Como de costume ímolo celebrar no Seminario presididos polo noso bispo Fernando. Esta vez sen os severos condicionamentos da pandemia, pero sempre coa precaución debida. Homenaxearemos aos nosos compañeiros que celebran este ano as súas vodas sacerdotais, uníndonos á súa acción de grazas. Son os seguintes:

Vodas de prata (1997): Carlos Gómez Iglesias.

Vodas de diamante (1962): José Díaz Rodríguez, Manuel Grandal Gómez, José María Ladra López, José Vázquez Mouriz e Gabriel Folgueira Teijeiro.

Este será o horario:

· 10:30 h. Acollida e café.
· 10:45 h. Hora intermedia, homenaxe aos das vodas de prata e de diamante, cunha breve intervención de cada un.                                                                         
· 11:15 h. Intervención do Sr. Bispo e outras informacións diocesanas.
· 12:00 h. Descanso.
· 12:30 h. Eucaristía na capela maior (traer alba e estola branca).
· 13:45 h. Xantar compartido. Estamos todos invitados. Por favor, debido á organización   da comida temos que avisar se nos quedamos a xantar antes do venres día 6 (Seminario 982 521 000).

Tamén informarche que está prevista a quenda de exercicios espirituais impartidos por Vicente Altaba Gargallo, sacerdote da diocese de Teruel e que foi delegado episcopal de Cáritas Española. Serán no Seminario de Mondoñedo do 20 ao 24 de xuño.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol