Delegación de Pastoral de la Salud

Delegado
D. José Luis Fernández Fernández (Médico)

Domus Ecclesiae, Miramar s/n, 15401 Ferrol (A Coruña)
981 353 295 | 981 353 200 | 686 998 685
psalud@mondonedoferrol.org
Twitter: @pastoralsaudemf

La Pastoral de la Salud es una sección de la Delegación de Desarrollo Humano Integral (DHI)

 

· Jornadas para capellanes 2021-2022

En este inicio de curso, una de las iniciativas propuestas por el SIPS (Secretariado Interdiocesano de Pastoral de la Salud) de Galicia, consiste en una reunión mensual online en la que se trabajará con el documento “LA ASISTENCIA RELIGIOSA EN EL HOSPITAL” ORIENTACIONES PASTORALES, publicado por la Conferencia Episcopal Española.

El objetivo de estos encuentros es tener una oportunidad para reflexionar sobre la indispensable labor de los capellanes y personas idóneas en el ámbito hospitalario, y a la vez un momento para intercambiar y compartir experiencias, para sugerir propuestas creativas en su tarea pastoral.

Estas jornadas se encuadran en una serie proyectos diseñados para ir definiendo el modelo de acompañamiento y Pastoral de la Salud que necesitamos en este momento y de cara al futuro más inmediato.

Describo a continuación el formato y contenidos de estas jornadas mensuales de Pastoral de la Salud.

Modalidad ONLINE
PROPUESTA PARA LECTURA COMPARTIDA del documento de la CEE: “LA ASISTENCIA RELIGIOSA EN EL HOSPITAL” ORIENTACIONES PASTORALES
Cuándo: (Sesiones mensuales) un miércoles de 10 a 11:00 h.
Destinatarios: Capellanes y personas idóneas nuevas y también abierta a los veteranos.
Organiza: SIPS Galicia.
Cada delegado recordará el encuentro enviando enlace la última semana del mes previo.
Inscripción gratuita, pero necesaria para tener el contacto para enviar enlace.

Índice del documento
Presentación documento: Mons. Javier Osés, presidente de la Comisión Episcopal de Pastoral.

· 20 octubre. I. Realidades que condicionan la asistencia religiosa en el hospital (Suso Mt. Carracedo, exdirector Dep. CEE).

· 10 noviembre. II. Jesús modelo de nuestra actuación pastoral (Ildete, subd Tui-Vigo).

· 15 diciembre. III. Una Iglesia renovada en el mundo del hospital (Hna.Alegría, Asistencia Religiosa Povisa)

· 12 enero. IV El servicio de asistencia religiosa en el hospital (Miguel, capellán A Coruña).

· 9 febrero. IV El servicio de asistencia religiosa en el hospital (J.M. Armesto, delegado Ourense).

· 2 marzo. V.  Los agentes de la asistencia religiosa en el hospital (Nuria, Delegada Santiago.

· 6 abril. VI. Espiritualidad del agente de pastoral (Benito, delegado Tui-Vigo; Ana Mª., Asistencia
Religiosa Ferrol).

· 4 mayo. VII. La organización del servicio de asistencia religiosa (Jorge, delegado Lugo).

· 1 junio. VIII. La formación específica y permanente de los agentes de pastoral (José Luis, delegado Mondoñedo-Ferrol).

Metodología
1. Leer previamente el capítulo y preparar preguntas y testimonios
2. El enlace para la reunión virtual se lo reenviará el Delegado a los coordinadores de cada hospital y éstos a los capellanes , personas idóneas y otros responsables de la asistencia religiosa meet.google.com/noj-boyh-zop
También puedes abrir Meet e introducir este código: noj-boyh-zop
3. Moderador – ponente destacará lo importante y abrirá un dialogo-coloquio
20 minutos exposición
30 minutos coloquio de experiencias, dificultades, recursos, concreciones
20 minutos extra si es preciso.

 

· Pascua do Enfermo. Semana da Pascua do Enfermo (9- 16 de maio de 2021)

“Coidémonos mutuamente”

“Un só é o voso mestre e todos vós sodes irmáns” (Mt 23,8)

A reflexión da Xornada Mundial do Enfermo e da Pascua do Enfermo deste ano detense de maneira especial no valor do coidado, que podemos definir como unha actitude de desvelo e solicitude, de atención e dilixencia; de pre-ocupación expresada en ocupación por quen se ve precisado de axuda e acompañamento.

En palabras do filósofo do século pasado Heidegger, o coidado é un modo humano de estar no mundo cos outros. Non debería ser novidade para os cristiáns esta afirmación, e aínda máis, poderiamos engadir que o coidado fundamenta unha ética que zumega Evanxeo.


A parábola do Bo Samaritano representa o paradigma da actitude do coidado que privilexia o servizo e a entrega gratuita en favor dos feridos e descartados; de cantos tinguen de sufrimento as beiras dos camiños. Anímanos a todos a adoptar voluntariamente a disposición de coidar como modo máis auténtico de relación.

Xesús de Nazaret, o Bo Samaritano por excelencia, acolle, cura, atende e acompaña con exquisito amor os corpos mancados e os corazóns doentes, elevando a categoría de virtude suprema o xesto honroso do coidado.

“Coidémonos mutuamente” non é só un lema, nin debería quedarse niso; é unha chamada desde o Evanxeo, e coa voz do mestre, a “achegarse” e “facerse cargo” do outro e dun mesmo, con respeto e humildade, con perseverancia e responsabilidade, con honestidade e con valentía.

Non é un modo máis de estar no mundo, como dicía o filósofo, é o modo correcto, concreto e cristián de ser e de estar no medio da realidade cotiá, “tendo man” dos febles e vulnerables, moi especialmente dos enfermos.

A Pascua do Enfermo é unha oportunidade para redescubrir a Vida Nova que ven de Cristo Resucitado, o que non só pasa senón que se “detén”, o que vence o sufrimento e a morte; o que restaura a orde no medio da confusión e sementa de Luz de eternidade as penumbras do tempo.

Queridos sacerdotes, relixiosos, relixiosas e laicos, o noso compromiso coa Boa Nova non pode desligarse da nosa misión sanadora.

Esta tarefa reclama dunha activa participación de todos, e máis aínda cando seguen latexando as chagas da pandemia da COVID-19.

Animados e confiados, participemos na celebración da Pascua do Enfermo, este ano dun xeito especialmente visible e con entusiasmo evanxélico. Traballemos xuntos para facer das nosas comunidades lugares propicios de encontro cos enfermos, onde poidan percibir dun xeito particular e persoal a cercanía, o consolo e a esperanza que só Deus, por medio do seu Fillo Xesucristo é capaz de regalar. Fagamos tamén o posible desde nosa fraxilidade individual por comprender e acompañar, por coidar e servir a cantos transitan por vieiros de dor e desamparo.

Deste xeito, provistos de doce compaixón e revestidos de auténtica sinxeleza, poderemos ser prodixiosos artesanos de auténtico coidado.

A Eucaristía compartida e a Unción dos Enfermos poden e deben ser propostos e celebrados estes días con especial dedicación, por ser, no medio do sufrimento, as caricias e aloumiños do Deus da Vida que se achega con tenrura ós fillos predilectos, para sanalos e salvalos na plenitude do Seu Amor.

Que o Señor nos bendiga e a Nosa Señora de Lourdes, Saúde dos enfermos, coide de nós agora e sempre.

José Luis Fernández
Delegado Episcopal de Pastoral de la Salud

 

· XLII Cursillo Regional de Pastoral de la Salud 2021

El sábado 17 de abril entre las 10:00h y las 13:00h, tendrá lugar el XLII Cursillo Regional de Pastoral de Galicia, que este año ha organizado la delegación diocesana de Pastoral de la Salud de Santiago. Este cursillo se enmarca dentro de la Campaña del Enfermo 2021 que tiene por lema “Cuidémonos mutuamente”.

Este último año ha sido especialmente duro para muchos enfermos y mayores que han pasado largos períodos de tiempo solos, en sus casas o en sus residencias aislados de sus familias. También en los momentos del final de la vida muchos enfermos no han podido contar con la compañía de sus seres queridos, lo que ha contribuido a que el duelo de los familiares sea especialmente difícil. Al mismo tiempo, entre los profesionales de la salud y los cuidadores se han vivido momentos de especial dificultad y cansancio.

Ante estas situaciones que todavía seguimos viviendo, necesitamos compartir nuestras experiencias desde la fe, desde la esperanza y desde la caridad: cómo nos están afectado, cómo las interpretamos y, sobre todo, si puede resultar de todas estas situaciones algo positivo a nivel individual y como Iglesia.

Este cursillo está especialmente dirigido a los voluntarios de  pastoral de la salud, profesionales del mundo sanitario y sociosanitario, religiosas, religiosos, sacerdotes y a todas aquellas personas interesadas en el mundo sanitario. Se puede seguir a través del canal de YouTube del Instituto Teológico Compostelano y no es necesario inscribirse, tan sólo es necesario pinchar en el enlace: https://youtu.be/yFO0IDQT_j0 o captando el código QR que aparece en el cartel.

Las personas que sigan el evento podrán formular preguntas al final de cada ponencia a través del chat de YouTube.

Programa:

10:00h. Apertura y oración.

10:15h. 1ª Ponencia: “Se nos había olvidado sufrir: claves ignacianas para acercarse a la crisis del Covid-19”. Álvaro Lobo Arranz S.J. Enfermero. Impulsor del proyecto “Más que salud”.

11:00h. Mesa redonda: experiencias de cuidado.

11:45h. Descanso.

12:00h. 2ªPonencia: “Fortalezas y estrategias de afrontamiento ante la pandemia por el COVID-19”. Cristina Noriega García. Doctora en Psicología. Profesora Adjunta Departamento de Psicología de la Facultad de Medicina de la Universidad CEU San Pablo.

12:45h. Clausura por el Excmo. Sr. D. Julián Barrio Barrio.

 

· Ante a Xornada Mundial do Enfermo 2021: “Coidémonos mutuamente”

O día 11 de febrero, coincidindo coa festividade da Nosa Señora de Lourdes, celebramos a Xornada Mundial do Enfermo.

O papa Francisco, na súa mensaxe con este motivo, proponnos unha reflexión con este título: “Un só é o voso mestre e todos vós sodes irmáns (Mt 23,8)”. A relación de confianza, fundamento do coidado do enfermo.

Quixera compartir con todos algunhas ideas ó respecto:

- O coidado dos enfermos implica un “encontro” entre vulnerables; por un lado, a fraxilidade do doente e por outro, a propia de quen “se achega e se fai cargo del”. Non asumir a propia vulnerabilidade colócanos nunha situación de artificial superioridade, escasa humanidade e lonxe da tan necesaria empatía e de auténtica compaixón.

- A enfermidade nunca é unha sorte de castigo ou condena imposta por Deus; non reflicte o Seu afastamento e moito menos a Súa indiferenza. É unha oportunidade real de encontro, apoio, sanación e consolo para atoparse co Pai Bo, que só quere o noso ben, e garda dos Seus fillos con Amor e Misericordia.

- A cercanía ó mundo dos que sofren, comeza por poñerlles nome e rostro a cantos se topan nesta situación. Unha cercanía persoal (de cada un de nós) pero tamén comunitaria, entendendo así a Igrexa, a Unidade Pastoral, como unha comunidade sanadora.

- A saúde é un ben común do que todos debemos sentirnos corresponsables.

- “Servir significa coidar ós fráxiles da nosa familia, da nosa sociedade, do noso pobo” (Homilía del papa Francisco en La Habana, 20 de setembro de 2015).

Este “servizo” nunca é ideolóxico, pois nin entende nin atende a ideas, senón a “persoas”.

- A atención á saúde require dun enfoque global ou holístico, que abrangue tódalas dimensións da persoa (física, psíquica, emocional, relacional, espiritual, valórica). As relacións interpersoais que se establecen no ámbito terapéutico ten que fundamentarse na confianza, no respeto, na honestidade e na disponibilidade; poñendo a persoa do enfermo e a súa dignidade no centro.

- As curacións realizadas por Xesús e narradas nos Evanxeos non son xestos máxicos extraordinarios, senón que deben ser entendidos como froito dun “encontro”, dunha “relación interpersoal”, na que o don de Deus que ofrece Xesús, é correspondido pola fe de quen o acolle; como resume o mesmo Xesús tanatas veces: “A túa fe é a que te salvou”.

- Todos estamos chamados a concretar o mandamento do Amor na nosa relación cosa enfermos e no seu coidado; con especial atención a aqueles máis esquecidos e esgotados á beria do camiño (Bo Samaritano).

- Somos máis humanos canto máis e mellor sabemos coidar dos fráxiles e vulnerables.



Partindo da mensaxe do papa Francisco, o departamento de Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal Española, coa campaña e co lema “Coidémonos mutuamente”, colócanos a todos en camiño como discípulos misioneiros e sanadores, responsables da nosa saúde e da dos demáis.

O recoñecemento, o respeto e a confianza son os valores sobre os que se constrúe de maneira efectiva e afectiva, a tarefa de acompañamento e sanación, levando a tenrura de Deus a quen sofre.

A pandemia da COVID 19, que desde fai case un ano nos bate con dureza, tennos arrebatado con crueldade moitas vidas e posibilidades, deixándonos ao tempo regueiros de sofrimento, soidade e incerteza.

Na intemperie da dificultade cobran especial sentido as palabras de Xesús: “Non estades sos”, “Eu estarei con vós tódolos días ata o fin do mundo”. Crer isto implica tamén confiar; para seguir actuando no medio deste mundo con firme convicción, rotunda seguridade e alegre esperanza.

Estimados sacerdotes, capeláns, relixiosas e relixiosos, consagrados e laicos; sabemos que a Pastoral da Saúde ten como compromiso e misión o mandato evanxélico “Ide e Curade…”. Esta chamada é ineludible; convócanos e convídanos ao desafío pastoral de encarnarnos en dúas realidades concretas e íntimamente relacionadas:

- A enfermidade; na que debemos actuar como acompañantes, sanadores e samaritanos.

- A saúde integral e en plenitude; que sempre debemos procurar, promover e defender como don e obxectivo, con responsabilidade e decisión.

Neste tempo complexo, pero tamén tempo de gracia, anímovos a ser creativos e audaces para deseñar e promover estratexias misioneiras; garantindo a cercanía da Igrexa por medio da oración, a presenza, o acompañamento e os Sacramentos Sanadores (Perdón, Eucaristía, Unción de Enfermos).

Atoparedes na marxe desta páxina os materiais que pon á nosa disposición o departamento de Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal Española (carteis, estampas, documentos, subsidio litúrxico).

Son sinxelos instrumentos que poden inspirarnos ó longo deste período; pero nunca deben ser limitantes do inxenio nin das iniciativas particulares que poidamos despregar, para prestar do mellor xeito o servizo de atención ós enfermos, nos diferentes ámbitos.

Convídovos a ter algunha celebración especial, tanto na Xornada do Enfermo (11 de febreiro) como na Pascua do Enfermo (9 de maio), coa necesaria adecuación ás circunstancias, poñendo especial atención en xestos concretos de cercanía e esperanza.

Con este desexo, quedo á vosa disposición para o que necesitedes.

Baixo a protección amorosa da Nosa Señora de Lourdes e ao seu maternal coidado encomendamos a tódolos enfermos, familiares e sanitarios.

O señor nos bendiga e nos garde.

Moitas grazas

Unha fraternal aperta

José Luis Fernández Fernández
Delegado episcopal de Pastoral da Saúde
Diocese de Mondoñedo-Ferrol

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol