«El Espejo» (09.10.2026): Informe FOESSA de Cáritas Galicia + Comezo da catequese + Campás na catedral

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 9 de outubro de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Cristina Pereiro, técnica de Cáritas Diocesana

A exclusión social e as dificultades que afrontan moitas familias serán o eixo da próxima entrevista. Cáritas Mondoñedo-Ferrol presentará en Ferrol o IX Informe FOESSA sobre exclusión e desenvolvemento social, un estudo que analiza a realidade social e as situacións de vulnerabilidade na nosa contorna. Para coñecer as principais conclusións do informe e as súas implicacións na nosa diocese, falamos con Cristina Pereiro, técnica de Cáritas Mondoñedo-Ferrol.


Entrevista: Carlos Miranda, delegado diocesano de Catequese

Comeza un novo curso e, con el, ponse en marcha tamén a preparación da catequese nas parroquias da Diocese de Mondoñedo-Ferrol. Un tempo para organizar grupos, acompañar ás familias e continuar ofrecendo a nenos, mozos e adultos un espazo de formación e crecemento na fe. Sobre as novidades e os principais obxectivos deste novo curso falamos con Carlos Miranda, delegado de Catequese e Catecumenado.


Para pensar: «A festa que cambiou corazóns»

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de outubro encárganse o Servizo Diocesano de Comunicación.


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos dunha forma máis pausada todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas