Antonio Gavín, el rostro de la acogida en el Seminario de Mondoñedo durante casi 40 años

Comenzamos el mes de agosto con un nuevo ciclo de entrevistas web a varias personas ligadas de alguna u otra manera a la diócesis de Mondoñedo-Ferrol, y en diferentes ámbitos: la atención pastoral, el Servicio de Publicaciones, el mundo de la cultura, la acogida y la comunicación. Y lo hacemos con Antonio Gavín, encargado entre otros muchos cometidos, de la acogida y la coordinación de los huéspedes y visitantes en el Seminario Santa Catalina de Mondoñedo. A un año de su jubilación y después de toda una vida dedicada al Seminario, afronta con ilusión una nueva etapa personal.

Antonio, tus raíces se encuentran en el ámbito rural, en una parroquia donde la fe formaba parte de la vida cotidiana. ¿Qué recuerdos conservas de tu infancia y de tu juventud?
Eu son nativo da parroquia de Santa Marta de Meilán (Riotorto, Lugo) e lembro a autenticidade da relixiosidade e a fe popular que alí había; tamén a solidariedade entre os veciños.

La vocación y la fe no surgen de forma aislada, sino que se van tejiendo a lo largo de la vida… ¿Cómo nació tu vínculo con la Iglesia y qué papel ha tenido la fe en tu vida personal y profesional?
Naceu cando me bautizaron e a fe que profesa dita Igrexa; para min é algo esencial, tanto na vida persoal como na profesional.

Antes de tu larga etapa en el Seminario hubo un proceso formativo que marcó tu manera de ser y de relacionarse…
Exacto. Eduqueime, primeiro, intelectualmente, na escola da aldea e, humana-espiritualmente, no seo da miña familia. A partir dos once anos continuei a miña formación integral neste Seminario (primeiro no Menor e logo no Maior). Esta formación influíu positivamente no trato coas persoas, tanto intelectualmente (coñecer algún idioma, por exemplo), como humana (intentando acoller a cada persoa) e relixiosamente (contando, tamén, coa axuda da Providencia).

Tu llegada al Seminario no fue fruto de un único momento, sino de un camino con diversas circunstancias. ¿Cómo llegaste a la conserjería del Seminario y cómo transcurrieron los primeros días?
Teño que dicir primeiro que me formei para ser sacerdote, pero ao rematar os estudos déronse varias circunstancias que me fixeron ir por outro camiño. Un sacerdote, con quen eu tiña trato naqueles tempos, falou cos superiores do Seminario e finalmente admitíronme a traballar en quefaceres auxiliares. E en canto aos primeiros momentos, como calquera proba que un ten que pasar, primeiro foron algo costa arriba, para poder alcanzar o fin.

A lo largo de estos años has sido la primera persona que muchos encuentran al llegar a la Hospedería. ¿Qué crees que esperan las personas cuando cruzan esa puerta?
A gran maioría dos nosos visitantes buscan atopar paz, tranquilidade, acollida e, algunhas persoas, poder rezar diante do Santísimo. E o noso Seminario é un bo lugar para conseguilo.

El trato cotidiano con los huéspedes y visitantes seguro que deja huella en forma de vivencias concretas…
É verdade. A miúdo destácase algunha circunstancia negativa ou positiva, pero voume referir a esta última: unha vez, a persoa responsable dun grupo que se hospedaba saltouse algunha norma relacionada coa hospedería; falamos educadamente de que se debía cumplir aquela norma. El rectificou e chegou a convertirse cos anos nun dos hóspedes fixos do Seminario.

El Seminario ha cambiado mucho en estas décadas. Desde tu perspectiva, ¿qué transformaciones destacarías, tanto en la vida del centro como en la sociedad?
O centro penso que está ben orientado e a sociedade, por desgracia, vai perdendo os valores cristiáns e o respeto, coas consecuencias que eso leva.

Tu recorrido está también ligado a muchas personas con las que has compartido camino…
En xeral, o trato co bispado e coas persoas sempre foi bo. Teño que dicir, como apuntei antes, que nestes anos sentinme como nun período de proba en relación a ser sacerdote e penso que cada bispo na súa época e contexto, con respecto a min, fixo e díxome o que era máis axeitado. Se tivese que destacar a alguén sería o bispo Luis Ángel de las Heras, polo trato cercano que eu tiña con él.

A un año de tu jubilación, ¿qué te gustaría que se recordase de tu trabajo y qué mensaje le darías a quien tome el relevo en esta labor de acogida?
Gustaríanme que se lembrasen aqueles aspectos nos que, traballando, se da gloria a Deus. En canto a quen me substitúa, que rece e que sexa unha boa persoa, un bo cristián, xa que, como di san Bernardo, «se alguén ve templada a súa ira, sosegada a envidia, dormida a lascivia, déalle grazas ó Corpo e Sangue do Señor, pois a forza deste sacramento é a que causa esta melloría e a que cura os efectos nocivos».

Antonio, para terminar, después de casi 40 años ligado al Seminario de Mondoñedo, ¿qué sientes al mirar atrás y ver todo el camino recorrido?
Pois sinto agradecemento: á Divina Providencia, á Santísima Virxe María, a san Xosé, ao Anxo da Garda, aos Santos (san Xoán da Cruz, san Xoán María Vianney…) e aos Anxos do Señor. Tamén ás persoas que me axudaron a percorrer o camiño.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas