Estrada
Delegado
Rvdo. D. José Rey Kochinke
pcarretera@mondonedoferrol.org
Miramar s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 295
Misión
A Pastoral da Estrada é un servizo que ofrece a Igrexa para alentar o anuncio e a vivencia da fe cristiá dos profesionais, condutores, peóns e viaxeiros, no uso da vía pública e dos vehículos, que están a xerar unha nova forma de convivencia e de relacións humanas.
En toda esta tarefa, como no exercicio de calquera actividade e dereito cidadán, o primeiro principio que debe orientar a actuación de toda persoa é o sentido de responsabilidade. Toda a moral do tráfico fundaméntase no valor cristián da persoa humana, “que está por encima das cousas todas e cuxos dereitos e deberes son universais e inviolables” (GS. 26).
Obxectivos
Servir aos condutores e usuarios diocesanos desde a fe católica e os principios e os valores cristiáns, a responsabilidade no tráfico, no coidado da vida e a creación, atendendo ás persoas, parroquias e institucións.
Calendario
14-17.10.2024. Xornadas de delegados diocesanos de Pastoral da Estrada.
07.07.2024. Xornada de Responsabilidade no Tráfico 2024 (CEE).
Ligazóns de interese
Subcomisión episcopal para as Migracións e a Mobilidade Humana (CEE)
Dirección Xeral de Tráfico







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















