Cátedra UDC-g
Finalidade e obxectivos
A cátedra “Diocese de Mondoñedo-Ferrol – Universidade da Coruña” ten como finalidade fomentar o intercambio do saber e experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultur en xeral.
Os obxectivos que se expón serán os seguintes:
· Ofrecer un espazo formativo de reflexión plural sobre a achega relixiosa á cultura europea.
· Promover o uso e investigación do patrimonio histórico-artístico e documental da diocese de Mondoñedo-Ferrol.
· Fomentar a conciencia social e a solidariedade real mediante a divulgación de distintas iniciativas de promoción humana na contorna.
· Escoitar, valorar e aproveitar as achegas multidisciplinares que a Universidade pode ofrecer á Igrexa cara á súa misión de servizo a todos.
· Impulsar a investigación e a transferencia de coñecemento en Ciencias Humanas e Sociais, centrándose nas áreas de actuación de ambas as institucións.
Unha comisión de seguimento velará polo cumprimento destes obxectivos. Estará formada pola vicerreitora do Campus de Ferrol, a decana da facultade de Humanidades e Documentación, e a directora da cátedra, por parte da Universidade da Coruña. E por parte da diocese de Mondoñedo-Ferrol, os integrantes serán o responsable diocesano de Cultura e o secretario-bibliotecario de “Estudos Mindonienses”. O centro de adscrición da cátedra será a facultade de Humanidades e Documentación de Ferrol.
O convenio comezará a producir os seus efectos a partir da data da súa sinatura (2022), terá unha duración de tres anos e poderá ser renovado tacitamente por períodos de catro anos de non manifestarse en contra ningunha das partes.
A posta en marcha desta iniciativa complementa o traballo conxunto entre ambas as institucións desde hai anos, como a celebración do I Congreso de Patrimonio Cultural da Diocese de Mondoñedo-Ferrol (1999); a cesión de parte do fondo de publicacións periódicas da biblioteca-hemeroteca da Domus Ecclesiae á biblioteca universitaria “Casa do Patín” (desde 1997); a realización de prácticas curriculares dos alumnos do grao de Información e Documentación no arquivo e na biblioteca especializada da Domus Ecclesiae de Ferrol (desde 2018); e a organización de visitas a espazos de especial relevancia patrimonial e cultural na diocese.
Programación 2023
· 19 abril: Ciclo de conferencias. “Profetas nos arquivos de Mesopotamia e na Biblia” e “Sobre escribas e escritura. Espazos e sentidos do escrito no Antigo Exipto”.
· 26 abril: Ciclo de conferencias. «Bibliotecas, scriptoria e oficios de ciencia sacerdotal na civilización faraónica” e “Deus e o home xuntamente”: de Mesopotamia aos nosos días”.
· Outubro-novembro: Obradoiro “Orixe e evolución da escritura cuneiforme” (aberto a colexios e institutos).
· Outubro-novembro: Exposición “Documentos sobre os primeiros arquivos da historia” (aberta a colexios e institutos).
· Outubro-novembro: Ciclo de conferencias. “Orixe e evolución da escritura cuneiforme” e “Un texto de arquivo: a creación do ser humano”.
Directora
Prof. Dña. María Rocío Ameneiros Rodríguez
rocio.ameneiros@udc.es
Coordinador
Prof. D. Benito Méndez Fernández
bmf@mondonedoferrol.org
Situación e contacto
Facultade de Humanidades e Documentación
Rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n. Campus de Esteiro, 15403, Ferrol (A Coruña)
+34 881 01 37 16
catedraUDC@mondonedoferrol.org
Twitter
Facebook
Instagram
Youtube
Noticias
ENTREVISTA – Benito Méndez: «Ferrol ha ganado mucho prestigio con la presencia del Campus Industrial»
El Campus de Ferrol acogerá el I Ciclo de Conferencias de la Cátedra Diócesis-UDC
ENTREVISTA – Rocío Ameneiros: «Las bibliotecas, al facilitar el acceso a la cultura, evitan la desigualdad»
Multimedia
VÍDEO – Mons. Fernando García Cadiñanos: «Es un día importante para Ferrol y para toda la diócesis»
VÍDEO – Julio Abalde: «Ferrol y su comarca ven como se alinean las entidades para avanzar en beneficio de la sociedad”