Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 20 de novembro de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Reportaxe: Tempo de Advento-Nadal na diocese
Chega o Advento, un tempo para preparar o corazón, acender a esperanza e mirar cara ao nacemento do Señor. Nesta reportaxe especial coñeceremos o belén de Begonte, que estrea a súa LV edición con novas figuras e unha homenaxe a Jesús Domínguez Guizán, da man do seu organizador, Xulio Xiz; falaremos con Remedios Rey, delegada de Manos Unidas, sobre a inauguración en Ferrol do anciño de Nadal da organización; e escoitaremos a Antonio R. Basanta, vigairo para a sinodalidad, que nos presentará os retiros de Advento convocados para sacerdotes, comunidades relixiosas e laicos.
Entrevista: Patricia Filgueira, Xornada da Infancia e a Familia
Este domingo, 21 de novembro, a diocese celebra simultaneamente en Ferrol e Mondoñedo a IV Xornada Diocesana de Infancia e Familia, un encontro para reflexionar, compartir e fortalecer o lugar dos nenos, as nenas e as familias na vida de la Iglesia e da sociedade. Estará connosco Patricia Filgeira, de Cáritas Diocesana, unha das organizadoras da xornada, que nos achegará os obxectivos, as actividades e o espírito desta iniciativa.
Para pensar: «El pez de oro»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de novembro encárganse o a comunidade relixiosa das Hermanas Apostólicas de Cristo Crucificado (O Barqueiro).
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos dunha forma máis pausada todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















