Haberá un servizo de acollida e acompañamento para os nenos
Terá lugar o vindeiro 26 de outubro no Seminario de Mondoñedo, unha xornada na que todos os diocesanos estamos chamados a facer aportacións, poñer os nosos acentos e participar activamente: #ÉTempoDeDiocese
Aos sacerdotes, relixiosos, relixiosas e laicos:
O vindeiro sábado, día 26, no Seminario de Mondoñedo, coma cada ano ao comezo de curso, o noso bispo convócanos ao ENCONTRO DIOCESANO DE COMEZO DO CURSO para presentarnos e compartir connosco a programación pastoral deste ano, na que todos en maior ou menor medida estamos chamados a facer as nosas aportacións, poñer os nosos acentos e, sobre todo, participar activamente.
Este é o horario da xornada, que rematará a mediodía:
10:30h.- Acollida/café
11:00h.- Oración (salón de actos)
11:15h.- Intervención do noso bispo
11:30h.- Presentación da programación do curso pastoral
11:45h.- Reflexión sobre a dimensión comunitaria da fe
12:30h.- Reunión por grupos (claustro e aulas)
13:30h.- Descanso
13:45h.- Oración de envío (na capela maior do Seminario)
14:15h.- Xantar compartido (comedor do Seminario)
Como estamos a facer nestes últimos anos, o “xantar compartido” supón que traemos a comida e ata a podemos compartir, o que favorece máis aínda a nosa convivencia e expresa os nosos desexos de fraternidade.
Animo a participar aos párrocos acompañando aos seus fregueses e ás delegacións de cada vicaría, así como, ás congregacións relixiosas, movementos, asociacións, confrarías, etc…
Haberá tamén un servizo de acollida e acompañamento para os nenos e adolescentes que participen neste encontro.
Agardámoste. Unha aperta.
Antonio Rodríguez Basanta, vicario xeral de Mondoñedo-Ferrol







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















