- Preto de 300 persoas compartiron en Mondoñedo unha xornada de fe, escoita e compromiso coa misión
Preto de trescentas persoas reuníronse o pasado sábado no Seminario de Mondoñedo para participar no encontro de comezo de curso, celebrado baixo o lema “Imos xuntos”. A xornada, que coincidiu co Día da Igrexa Diocesana, buscou profundar nos obxectivos do curso pastoral e na implementación do documento sinodal.
Ao encontro asistiron representantes de todos os arciprestados e de numerosas unidades pastorais, entre elas Ferrol, Cariño, San Sadurniño, Ortigueira, Vilalba, Mondoñedo, Ferreira, Foz, Viveiro, Burela e Ribadeo. A xornada reuniu así a parroquias, delegacións, movementos e confrarías ao redor dun mesmo proxecto diocesano.
Unha eucaristía para comezar o camiño
A celebración comezou coa eucaristía, presidida polo bispo de Mondoñedo-Ferrol, don Fernando García, e concelebrada por numerosos sacerdotes. Na súa homilía, o prelado invitou a descubrir a beleza de pertencer a unha Igrexa concreta como a diocese de Mondoñedo-Ferrol.
A partir do lema diocesano, “Deus conta contigo”, o bispo subliñou que o Señor conta con cada bautizado para continuar a misión de Xesús: acoller o amor de Deus e levar a esperanza que necesita o mundo. Tamén lembrou que este camiño debe realizarse desde la sinodalidade, escoitando, camiñando xuntos, cultivando a espiritualidade, participando e actuando con transparencia.
Talleres e credencial sinodal
Tras a celebración eucarística, presentouse o obxectivo do curso: impulsar en parroquias, delegacións, arciprestados, movementos e confrarías os materiais publicados para favorecer unha conversión pastoral.
O encontro contou coa presenza de Fano, debuxante cristián procedente de Málaga, que ofreceu un relatorio con debuxos e cantos sobre la Iglesia sinodal. Fano comparou a Igrexa cunha orquestra: unha comunidade chamada a complementarse na diversidade e a avanzar en harmonía. A súa intervención abriu un espazo de reflexión sobre a comuñón, a participación e a corresponsabilidade de todos os bautizados na misión.
Despois dunha pausa para o café, os participantes distribuíronse en sete grupos e percorreron, de forma rotatoria, polo menos tres dos talleres organizados ao redor da comuñón, a participación, a misión e a espiritualidade. En cada taller recibiron un selo acreditativo da Credencial da Sinodalidade, como testemuño do percorrido formativo realizado.
Compartir a experiencia
A comida foi un momento de encontro e fraternidade entre os asistentes. Pola tarde, Fano retomou o ton festivo da xornada con debuxos, cancións e experiencias que invitaban a recoñecer a fe como agasallo e a sentirse enviados a compartir o vivido.
O bispo Fernando García agradeceu a participación de sacerdotes e axentes de pastoral e subliñou que a xornada permitiu descubrirse máis como Igrexa diocesana. “Sentir a fermosura de ter xuntos un mesmo proxecto e proxectarnos no futuro desde as claves que o Espírito nos quere levar”, expresou.













Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















