NoivosNovios-g

Que boa noticia que desexedes contraer matrimonio pola Igrexa! Parabéns!

Estamos dispostos a acompañarvos neste paso que ides dar para que sexa unha xornada inesquecible pero, sobre todo, o inicio dun camiño que realizades baixo a protección do Señor. Aquí atoparedes toda a información que precisades.


A beleza do matrimonio


Que necesitades

Aquí indicámosvos os pasos que tedes que dar para preparar a cerimonia:

1º.- Acudide á vosa parroquia para informar da celebración, do día e dos requisitos necesarios. Canto antes, mellor. É bo que, antes que ao restaurante, acudades á parroquia para asegurar que é posible, que o sacerdote e a igrexa están dispoñibles.

2º.- Realizade os cursiños prematrimoniais: é bo atopar un tempo para preparar o que significa hoxe recibir un sacramento tan importante como o do matrimonio.

3º.- Cando falten tres meses para a data, acudide á vosa parroquia para iniciar o expediente matrimonial. Deberedes levar unha documentación básica: partida de bautismo, partida de nacemento, certificado de soltería… Alí indicaranvos os seguintes pasos a dar.

4º.- É bo que vos reunades co sacerdote que oficiará a vosa voda para preparar a celebración e que sexa un momento belo de encontro con Xesús e a súa Igrexa. El axudaravos a preparar mellor o voso corazón e o voso espírito co sacramento da reconciliación.

5º.- O día da voda asinaredes, xunto coas testemuñas, unha acta matrimonial, que haberá que levar ao rexistro civil.


Axuda litúrxica

A través do seguinte link accederedes á celebración da voda, coas diferentes lecturas e fórmulas que se poden escoller. É bo que o estudedes para elixir o máis conveniente.


Calendario de cursos na diocese

A nosa diocese organiza uns días para reflexionar sobre o sacramento do matrimonio. Aquí tedes as datas para 2026, que poderedes elixir segundo máis vos conveña. Para inscricións e información: laicos@mondonedoferrol.org e 699 417 676.

Arciprestazgo de Mondoñedo: Seminario Santa Catalina de Mondoñedo, os sábados 18 e 25 de abril, de 11 a 17:00 horas.

Arciprestazgo de Ferrol:
· Domus Ecclesiae (Rúa Miramar, s/n), os días 7 e 14 de marzo, de 11 a 17:00 horas.
· Iglesia de Santa María de Caranza (Avda. Castelao, 36), os días 16, 17, 23 e 24 de abril, de 20 a 22:00 horas.


Outros recursos para a formación

Aquí achegamos un itinerario de formación para noivos realizado pola Conferencia Episcopal Española, que podedes consultar e ler.