Once sacerdotes foron homenaxeados en Mondoñedo polas súas Vodas de Diamante, Ouro e Prata

O bispo diocesano presidiu os actos da festa sacerdotal de San Xoán de Ávila

O Seminario Santa Catarina de Mondoñedo acolleu onte, día dez de maio, a festa de San Xoán de Ávila, patrono do clero secular, a celebración das Vodas sacerdotais de Diamante, de Ouro e de Prata con diversas actos.

Son tres os sacerdotes que foron ordenados en 1957 e que, polo tanto, celebraron as súas Vodas de Diamante: José Couce Rey, adscrito á parroquia de San Xosé Obreiro de Narón; Jesús Domínguez Guizán, párroco de San Pedro de Begonte, San Salvador de Damil, Santiago de Felmil, Santiago de Illán, Santa María de Trobo e San Xoán de Valdomar; e Antonio Pérez Vérez, xubilado.

Pola súa banda, están de Vodas de Ouro (ordenados en 1967): Ángel Alvarez García, xubilado; Xosé Manuel Carballo Ferreiro, párroco de San Xoán de Castro de Rei, San Xoán de Azúmara, o Salvador de Balmonte, San Martiño de Goberno, Santa Mariña de Ramil e San Pedro de Santa Locaia; Ramón Otero Couso, cóengo da S.I. Catedral Basílica de Mondoñedo, ecónomo diocesano e párroco de San Xiao de Ferrol; Ramiro Pérez Fernández, párroco de Santiago de Goiriz e Santa Olalla de Román; e Cándido Santomé Castro, párroco de Santa Mariña de Cabreiros e Santa María de Xermade.

Os que celebraron as súa Vodas de Prata (ordenados no ano 1992) son: Juan Manuel Basoa Rodríguez, párroco “in solidum” e moderador de Santa María de Viveiro, Santiago de Viveiro, San Xoán de Covas, San Xiao de Landrove, Santa María de Magazos, San Pedro de Mosende, Santa María de Suegos, San Román do Val e San Pedro de Viveiro, e delegado episcopal de Familia; Jesús Grandal Vilariño, vicario parroquial de Santiago de Mondoñedo, Nosa Señora do Carme de Mondoñedo, San Vicente de Mondoñedo e San Lourenzo de Sasdónigas e colaborador do arquivo diocesano; e Juan Antonio Sanesteban Díaz.

Presidiu a eucaristía o bispo da diocese, monseñor de las Heras Berzal. Rematou a festa cun xantar de irmandade e unha sobremesa festiva.

Ver ÁLBUM COMPLETO

 

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas