Pastoral do Mar
Delegado
Rvdo. D. Juan Pablo Alonso Rolle
mar@mondonedoferrol.org
Miramar s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 295
Equipo
D. José Luis Trigo Blanco
D. Vicente Míguez Salgueiro
D. José Pino González
Misión
A nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol posúe unha costa moi ampla. Ademais, no territorio da diocese atópanse algúns dos máis importantes portos pesqueiros, aínda que é certo que hoxe perderon a vitalidade que tiveron. Propiciouno crise que atravesa o sector pesqueiro. Con todo, Burela ou Celeiro mantéñense como portos dunha importancia notable.
As xentes do mar posúen unha idiosincrasia particular polo seu oficio e o seu traballo. Unidos fortemente á devoción á Virxe do Carm, foron forxando unha fe especial. A Pastoral do Mar quere prestar unha atención integral aos mariños e ás súas familias, así como espertar na Igrexa diocesana a sensibilidade cara a esta realidade social e eclesial.
Obxectivos
· Navegar na mesma barca como discípulos misioneiros.
· Que as portas das nosas igrexas estean abertas sempre para acoller a aqueles que están lonxe do seu fogar.
· Que as esposas e fillos dos mariñeiros atopen na Igrexa unha familia que os acompañe na súa soidade.
· Que a xente do mar non se atope desprazada en ningunha das actividades programadas na comunidade (Consello de Pastoral, Consello de Economía…).
· Que a xente nova que comeza neste mercado laboral tome exemplo dos seus maiores e que iso lles impulse a ser discípulos misioneiros.
· Informar do traballo que Stella Maris realiza no mundo da mar.
· Contactos específicos coas confrarías de pescadores.
· Favorecer o intercambio de experiencias entre os sacerdotes das parroquias mariñeiras.
Calendario
16.07.2023. Día das Xentes do Mar. Festividade da Nosa Señora do Carmen.
Materiais
Boletín Nacional «Stella Maris» (xullo 2023)
Ligazóns de interese
Subcomisión Episcopal para as Migracións e a Mobilidade humana (CEE)
Stella Maris España (Apostolado do Mar)