Dirixido pola comunidad rogacionista, atende a menores dos concellos de Burela, Cervo e Foz
A Consellería de Política Social subvenciona con 25.000 euros obras de mellora no Centro de Menores San Aníbal de Burela. En concreto, instálase alumeado led en todo o centro como mellora de eficiencia enerxética. Tamén se renova con pavimento contínuo o parque infantil exterior do Centro e dótase de novo mobiliarioa unha das salas-titoría do Centro.
Estas melloras, que se están a realizar antes de final de ano, únense á ampliación de 2 prazas que dende xullo de 2018 acordou a Consellería de Política Social.
O Centro de Día de Menores San Aníbal é un recurso de ámbito comarcal que conta con 20 prazas e atende a nenos, nenas e adolescentes que contan con expediente de protección por parte da Xunta de Galicia. Actualmente aténdese a menores dos concellos de Burela, Cervo e Foz.
Para máis información Martina Sendino 982.585229



Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.























