San Xiao de Roca e a última restauración da igrexa

Documentos para a historia da parroquia

1.- INTRODUCIÓN

En maio de 2003 cumprín 66 anos. En xuño xubileime da miña profesión civil de ATS-DUE no Centro de Saúde-PAC de Fene, A Coruña. En setembro de 2003 funme a Roma por dous anos a estudar para facer unha licenciatura en Pastoral da Saúde coa finalidade de reciclar a miña formación para esa nova etapa que se denomina terceira idade. Eu desexaba dar un avance cualitativo na simbiose que viña facendo na miña misión de sacerdote e enfermeiro. Fixera ATS co gallo de atender aos xitanos asentados na parroquia de Piñeiros-Freixeiro da que eu era párroco desde os anos 1968-78. Non existía servizo público de saúde.

Por esta ausencia da terra tiven relación epistolar moi frecuente co meu sobriño Roberto Francisco, tamén enfermeiro, que vivía en Roca e era presidente da Comunidade veciñal de montes en man común. Iso fixo que el estivese á fronte liderando moi activamente tamén os problemas da parroquia como entidade sociolóxica. Unha das urxencias desta comunidade veciñal era a igrexa parroquial que se estaba a deteriorar en tel grao que se non se lle valía xa podía ir a ruína. Tamén houbo reforma e ampliación no cemiterio. Por ser eu nativo de Roca tamén me doe todo canto a esta veciñanza lle suceda.

Precisamente por estar lonxe produciuse entre nós os dous unha correspondencia regular por correo electrónico que conservo. Entre esas notas escritas está o relato do proceso de restauración da igrexa de Roca. Penso que, pasados xa trece anos, é interesante dar agora ao público este documento, eliminando previamente o que se refire a cousas familiares
 

2.- DOCUMENTO INICIAL

«D. Ramón Otero, Ecónomo do Bispado Mondoñedo-Ferrol. Domus Eclesiae. Apdo. 176 – Ferrol.

Asunto: Restauración Igrexa Parroquial de San Xiao de Roca.

Remitente: Comisión pro-restauración da igrexa parroquial de Roca.

Diríxome a Vde. atendendo ó interese manifestado polos veciños desta Parroquia de Roca que, reunidos o día 18 de decembro de 2003, acordaron que diante do Bispado de Mondoñedo-Ferrol e ante quen corresponda se deixe constancia por escrito de que:

1.- Esta comunidade parroquial acorda en asemblea o día 3 de novembro de 2000, por unanimidade, inicia-los trámites oportunos para o amaño da igrexa dado o seu grave deterioro.

2.- Pedidos distintos presupostos e recibido un só para a restauración, en asemblea de 27 de xuño de 2001,  a comunidade decide solicitar permiso e colaboración ó Bispado.

3.- Unha comisión en representación da comunidade, integrada por Roberto Fco. López Campo e José Angel Paderne Martínez, reúnese na Domus Eclesiae en Ferrol o día 7 de novembro con D. Ramón Otero, ecónomo de Bispado de Mondoñedo-Ferrol, plantexando a solicitude parroquial. Discutidos distintos aspectos da restauración, Bispado e comisión parroquial, comprométese a facer unha aportación de cada parte de 21.000 €. A maiores a comunidade solicitará diante da administración local axudas que se prevén entorno ós 9.000 €. Esto supoñería unha dotación presupostaria de 51.000 €.

4.- Esta proposta, presentada á comunidade parroquial pola comisión, é aceptada por unanimidade en asemblea o día 17 de novembro de 2001 coa única condición de que se proceda á restauración na maior brevidade pois do contrario a referida aportación veciñal destinarase a outros fíns.

5.- O día 12 de setembro de 2002 a comisión parroquial recolle, na Domus-Eclesiae en Ferrol, o Proxecto Arquitectónico Básico de restauración e rehabilitación da igrexa parroquial de San Xiao de Roca. Este proxecto está asinado polos arquitectos D. Antonio Bouza Pita e Dª Pilar García-Magariño e visado polo Colexio de Arquitectos de A Coruña na data de 27 de xuño de 2002.

6.- A comisión parroquial solicita licencia municipal para a execución da obra o día  11 de outubro de 2002. Licencia concedida en sesión extraordinaria pola Comisión de Goberno do Concello de Guitiriz co nº 148/2002.

7.- A comisión parroquial recibe un só presuposto para a execución da obra, dos distintos solicitados, o día 01 de novembro de 2002 e a efectos de proceder á execución das obras ponse en coñecemento do Bispado. Neste momento ínstasenos a agardar a posibilidade de que esta obra sexa incluída dentro dos presupostos que a Xunta de Galicia habilita para o Camiño de Santiago.

8.- Con data 25 de xaneiro de 2003, a comisión parroquial recibe notificación do acordo adoptado pola Excma. Deputación Provincial polo que se concede unha axuda para o fin proposto de 9000 €. Despois de ter esperado un ano longo sen ter recibido contestación favorable que nos permita poder inicialas obras.

Despois de que recentemente aparecera nos medios de comunicación unha memoria  das distintas obras do bispado de Mondoñedo-Ferrol para o presente ano 2004 e que nela non non se contempla a restauración da igrexa de San Xiao de Roca.

Tendo ás portas a celebración da nosa Festa Patronal nunha igrexa chea de goteiras e totalmente abandonada.

Por todo o anterior é polo que se pon en coñecemento de Vde. o acordo referido ó inicio deste escrito polo que esta parroquia de Roca por unanimidade o día 18 de decembro de 2003 decidiu poñer como data tope para o inicio das obras de restauración da igrexa parroquial o vindeiro 30 de abril. De non ser así esta comunidade e tal como se recolle no punto 4 deste escrito a aportación parroquial destinariase a outro fin.

Agardando unha pronta resolución, reciba un cordial saúdo.

     En Roca a 12 de xaneiro de 2004.
     Pola comisión.
     Asdo. Roberto Fco. López»
 

3.- SECUENCIA DE MAILS ENTRE ROBERTO FRANCISCO LÓPEZ CAMPO E XAQUÍN CAMPO FREIRE

1. «Original Message >> From: "PORTODOLA" <PORTODOLA@terra.es>
> To: xaquinderoca@wanadoo.es
Asunto: 1º contacto vía Roma.- Fecha: jueves, 29 de enero de 2004 0:31.- Recibido. Xa estamos conectados. Remítoche escrito enviado a D. Ramón Otero. Xa me opinarás que che parece?

2. To: <xaquinderoca@ > Sent: Sunday, February 15, 2004 11:54 PM> Subject: Boa nova
Como vas? Teño unha boa nova. En distintos medios saíu publicado o xoves 12 de febreiro que a S.A. de xestión do Plan Xacobeo abre o prazo de presentación de ofertas, ata o 25 de febreiro, "para a reparación das cubertas da igrexa parroquial de San Xulián de Roca". As propostas non poderán supera-la cantidade de 88424.86 euros.Prazo de execución de 6 meses. Parécenme moitos cartos. Sospeito que ó amparo deste lote han de derivar algo para S. Alberto e San Breixo. Xa te terei informado aínda que me consta que algo xa sabias ¿non?.Unha aperta.

3. De: "Xoaquin Campo Freire" xaquinderoca@ Fecha: Martes, Febrero 17, 2004 4:32 pm
Asunto: Re: Boa nova. Certamente, se é verdade. E el será verdade, home? Quixera que si. Garda o recorte, se che é posible. Vai valer para despois, se algún día se fai unha publicación. Eu intentei velo na Voz de Lugo pero non o atopei».

(NOTA: Moi posteriormente apareceu a través de google esta entrada:
“Cultura destina 88.000 euros a la restauración de la iglesia de San …
www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2004/…san-xiao-roca…/0003_2882456.htm
24 jul. 2004 – La Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo destinará 88.425 euros a la restauración de la iglesia de San Xiao de Roca)»..

O texto literal, polo interés histórico, reprodúcese a continuación:
«CULTURA DESTINA 88.000 EUROS A LA RESTAURACIÓN DE LA IGLESIA DE SAN XIAO DE ROCA DE GUITIRIZ”.- LA VOZ | LUGO 24/07/2004 07:00».
«La Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo destinará 88.425 euros a la restauración de la iglesia de San Xiao de Roca, en Guitiriz. Está ubicada en el Camiño Norte y los trabajos serán financiados con cargo a la sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo. Las obras afectarán fundamentalmente a la cubierta. Según informó la consellería, el templo presenta actualmente importantes hendiduras en los revocos de la nave y en la zona de enlace de los dos cuerpos del edificio. También tiene deficiencias en las fábricas pétreas, flechas pronunciadas en la cubierta y pérdida del solado original. Testigos de la historia De acuerdo con lo manifestado por este departamento de la Xunta, la iniciativa forma parte de la necesidad de mantener los templos gallegos en buen estado de conservación, sobre todo cuando se trata de edificios con muchos años de antigüedad, «o que supón un vestixio da historia de Galicia e tamén da historia do Camiño de Santiago», según Cultura. La iglesia de San Xiao de Roca es un edificio de una sencillez y simplicidad que la consellería calificó de insólita. El templo consta de una nave única con presbiterio. La fecha de su construcción no puede ser establecida con precisión, pero conserva un retablo lateral salomónico del siglo XVII. Recientemente fueron aprobados presupuestos para la restauración de otras iglesias de la comarca chairega. La última fue para una del municipio de Abadín».

4. «De:  <"Roberto Francisco López Campo": PORTODOLA" “<PORTODOLA@ >
Para: "Xoaquin Campo Freire": <xaquinderoca@ >Asunto: Re: confirmado¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡.
Fecha: sábado, 21 de febrero de 2004 8:50.- Confirmado.- Xa se sabe incluso a empresa restauradora, arquitecto e aparellador que van supervisa-las obras. Son coñecidos de Xermán o amigo de Paquita. Estamos á procura de presuposto para a restauración do retablo que está na sancristía para así poñer toda a igrexa. Unha aperta de toda esta xente.

5. De: "Xoaquín Campo Freire" <xaquinderoca@ >Para:  PORTODOLA@
Asunto: Re: confirmado¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡..- Fecha: sábado, 21 de febrero de 2004 23:43
Auguri!, que dirían aquí. Felicidades. Xa temos tema para a folla do ano que vén. Garda tódolos recortes. Ponlles data e medio no que saíron, páxina incluída.E se podedes vós mesmos mandade de vez en cando noticia, xerar noticia, aínda sería mellor. Non é moi custoso. Só contar cun enlace de xeito. Cómpre facer un extraordinario. Bicos e ata outra. Xaquín.

6. De: <Roberto.Francisco.Lopez.Campo@ Para: <xaquinderoca@
Asunto: aí ven o vrao  !!!!!!!!!!!!!!.- Fecha: viernes, 14 de enero de 2005 10:35
Como vai? Da igrexa seguimos sen saber ren de ren. Proximamente en Roca imos ter alumado público, e máis non é sen tempo.

7. II..De: <PORTODOLA@ >Para: <xaquinderoca@ >
Asunto: xaneiro 2005.- Fecha: lunes, 24 de enero de 2005 12:10
Xacobeo, Bispado, Cultura e Patrimonio acordaron de xeito definitivo recupera-lo arco da igrexa para retrasa-lo altar á sancristía, tal e como xa tíñamos comentado.
Pecharase a porta pola que se accedía á mesma e o retábulo que se está a restaurar voltará á sacristía, de onde saiu, mais quedará separado da parede e así permitirá certo espazo de intimidade para se revesti-los curas. O moble da roupa pasará a estar detrás da porta pola que se accedía á sancristía.
Ó se retrasar o altar á sacristía, vaciarase o escalón sobre o que se situaba ata agora o altar, esto supón un incremento de espazo útil para a xente A porta lateral, que apareceu ó repicala parede, tamén se vaciará, quedando pechada cunha porta de madeira igual á xa existente, quedando á vista as pedras que a perfilan incluído o arquiño que configura o lintel. Algunha das pedras que cegaban esta porta lateral apareceron con pinturas que están sendo datadas por un experto ó igual  que outras pezas arquitectónicas que permitiran así unha mellor e máis completa datación deste " edificio de humildísima construción". (Referese á nota de Rielo Carballo). O Coro tamén se vai retocar, facéndoo un pouco máis corto e alto,  permitindo así unha mellor perspectiva interior do edificio. Supoño que isto implica un replantexamento das escaleiras de acceso. Temos en marcha a solicitude de un presuposto para colocar unha nova  campá que non desentoe co monumento. Este coste debe ser asumido pola parroquia en próxima asemblea, agardo que así sexa. Un abrazo.

8. III.- De: "Xoaquín Campo Freire" <xaquinderoca@ >Para: <PORTODOLA@ >
Asunto: Re: xaneiro 2005.- Fecha: viernes, 28 de enero de 2005 23:23
Todo un documento que ficará para figurar nunha publicación algún día. Está  ben redactado. Os temas son interesantes e as decisións tamén. Por outra banda, a ledicia é consonte coa efeméride. Espero chegar con vida a vela rematada.
Cada vez me afirmo máis en que o camiño do Norte, cara a Santiago, anterior ó que baixaba a Baamonde e Sant'Alberte vindo de Mondoñedo e Vilalba, era o que desde a Ponte de Sàa atravesaba por Suexo e viña dar  a Roca, precisamente á nosa Igrexa, e de aí a súa arquitectura sinxela pero rica e  expresiva daquel tempo, tapada por mor de colocar o altar xesuítico do padre Paderne, e agora gozosamente descoberta.
De aí baixaba  ós Pasos de Gabín ou mesmo à Ponte de Roca e ós pasos de Prado e a Parga cara a Sobrado. Despois veu San Alberte e a Ponte. Pasar de Baamonde a Roca, sen casas e en solitario non era doado para os romeiros dada a soidade. Principalmente no paso de A Perdiz.
Esas pinturas van darnos algo máis de luz. Graciñas pola mensaxe e polas novas de que todo vai indo ben. Xaquín
P.S.- A nova chegoume dez veces repetida e conservo as dez en diferentes arquivos. Hai cousas que valen a pena e agradécense. Roma, 28.01.2005.

9. IV.- De: <PORTODOLA@ >Para: <xaquinderoca@
Asunto: xaneiro II.- Fecha: lunes, 31 de enero de 2005 13:00
Recibín o teu correo. Isto funciona. Cando volves. Dígoo por poñer data á inauguración das distintas obras que se fixeron e se están a facer na parroquia. Se puideses estar moito mellor. Unha aperta de toda a familia.

10. V.- De: <xaquinderoca@ Para: Roberto.Francisco.Lopez.Campo@sergas.es. Asunto: Re: aí ven o vrao  !!!!!!!!!!!!!!  Fecha: martes, 01 de febrero de 2005 22:59
Como vai todo? O 14 deste xaneiro chegoume esta mensaxe túa. Un verdadeiro milagre de aceleración uniformemente acelerada.
Paso a respostar ó que acabo de recibir hoxe. Pídesme saber cando volvo para a inauguración das obras. Eu teño a pasaxe para o dia 17 de marzo. Chegarei á noite á Coruña, no TER, se Deus quiser. Se digo que non me fai ilusión estaría mentindo. Pero se eu non estou, tampouco Roca deixa de existir.
Iso vai ser agora ou no verán? Porque non mo indicas na túa misiva. En xuño acabo. Supoño que polos últimos días. Ponlle que polo San Pedro.
Se tardades un pouco en inaugurar xa estará o Bispo seguinte. Tampouco sería mala idea, se pensades en invitar a esas personaxes. É a miña opinión.
Que o novo vexa o voso traballo, incluído o de Alfonso, pódelle ser de axuda a el, e a Roca non lle desfavorecería. É unha opinión e suxestión miña. Pero a palabra é vosa. E eu niso non teño máis que aportar. Saúdos. Bicos e unha boa andanza para todos.Adiante e ánimo.

11. VI.- De: <PORTODOLA@ > Para: <xaquinderoca@ >Asunto: febreiro 05.- Fecha: jueves, 17 de febrero de 2005 10:11
As obras da igrexa van a bo ritmo. Xa está montada a estrutura da  cuberta da igrexa, cango incluído. A sancristía vai máis lenta xa que se optou por erguer máis arriba as paredes para poder subir o cume e así o arquiño que hai encima do arco principal (antigo campanario ?) despois de vaciado quedará aberto para os dous espazos.
Xa están a facela lousa e a moi tardar en quince días estará lousada. Onte, dezaseis, en asemblea, acordamos substituír a campá vella (campá vella) por unha nova, ó tempo que se instalará un mecanismo automático que permitirá programar distintos tipos de toques e ata incluso poderá dar as horas. Como podes ver vainos quedar a obra moi fachendosa

12. VII.- De: <PORTODOLA@ > Para: <xaquinderoca@ >Asunto: marzo 05.- Fecha: miércoles, 02 de marzo de 2005 10:53
Pensara que xa non me contestabas ou que non recibiras os meus mails. Estaban as túas contestacións nun enderezo que teño nunha páxina do Sergas. Non sei cando celebraremos a inauguración da igrexa, está acordado polos veciños mais a data está por determinar en función do remate das obras e da colocación da campá. Vémonos logo dentro duns días.

13. VIII.- De: <PORTODOLA@ >
Para: <xaquinderoca@ >.- Asunto: Fwd: En Portugal ou noutro lugar calquera. Coisas da vida.
Fecha: viernes, 08 de abril de 2005 12:34».
______________________________________________

Ata aquí esa correspondencia epistolar na que se revelan abundantes datos dos que é ben ter noticia e que fiquen no coñecemento de todos. Quero agradecer a todos os parroquiáns o intrerés.

A misa parroquial e o culto fíxose todo ese tempo, incluídas as festas do patrón, na Casa Escola dos Veciños. Roberto López Campo fixo un bo traballo e liderou debidamente o seu tempo á fronte da Sociedade Veciñal. Obrigados..

 

«Precisamente por estar lonxe produciuse entre nós os dous unha correspondencia regular por correo electrónico que conservo. Entre esas notas escritas está o relato do proceso de restauración da igrexa de Roca. Penso que, pasados xa trece anos, é interesante dar agora ao público este documento»

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,522SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas