Servizo de ComunicaciónServicio de Comunicación-g

Departamento de Prensa

D. Carlos M. Alonso Charlón
981 35 32 95
mcs@mondonedoferrol.org

Colaborador: Rvdo. D. Francisco Javier Martínez Prieto

O traballo do departamento de prensa pódese definir como un conxunto de actividades de circulación de información. En tal sentido, as tres grandes responsabilidades que teñe ante si esta oficina de prensa son as seguintes: promover informacións para os medios (comunicación externa ou de saída); difundir informacións dos medios dentro da institución (comunicación interna ou de entrada); e manter relacións profesionais cos xornalistas e comunicadores.


Departamento de Radio

D. Baruk Domínguez Grandío
981 35 32 95
elespejo@mondonedoferrol.org

Para ofrecer unha canle á necesidade e obrigación moral da comunicación, contamos na nosa diocese coa longa traxectoria do programa ‘O Espello da Diocese’ na Cadena COPE en Ferrol, Ribadeo e Vilalba, cada venres de 13:30 a 14:00 horas, axustándose ao ritmo informativo da cadea nesta privilexiada franxa horaria. Conta cun equipo para cada unha das súas seccións: editorial, libros, música, cinema, ademais de comunicar toda a actualidade da diocese.


Departamento de Internet e Redes Sociales

D. Carlos M. Alonso Charlón
981 35 32 95 | 689 748 679 (WhatsApp)
mcs@mondonedoferrol.org

Colaborador: Ignacio del Moral (fotógrafo)

A web diocesana www.mondonedoferrol.org non deixa de crecer e renovarse. Este espazo quere ser unha xanela aberta ao mundo da información para mostrar a riqueza e a vida das parroquias, arciprestados, delegacións, comunidades e institucións diocesanas. E desde este portal temos tamén acceso aos perfís diocesanos nas principais redes sociais, plataformas dixitais e servizos de mensaxería instantánea como Facebook, Twitter, Youtube, Flickr, WhatsApp, Telegram ou Ivoox, novos espazos para a evangelización, a información e a interacción entre os miles de amigos que as seguen a diario.