Vicaría de Economía para a Misión-g

Vigairo

Rvdo. D. Xoán Xosé Fernández Fernández

Nacido en Ferrol en 1972. Foi ordenado presbítero por monseñor Gea Escolano o 12 de outubro de 1999 na catedral de Mondoñedo. Obtivo o Bacharel en Teoloxía polo Instituto Teolóxico Compostelán e é licenciado en Dereito Canónico pola Universidade Pontificia de Salamanca. Pastoralmente atendeu as parroquias de Santa María de Neda (2001-2006), a unidade pastoral das Pontes (2007-2011) e, na cidade de Ferrol, as de San Xoán de Filgueira, Santa Mariña do Vilar e San Paulo de Catabois (2011-2014). No ámbito docente foi formador e administrador do Seminario de Mondoñedo (1999-2001) e director da Escola Diocesana de Teoloxía (2001-2004). En Cáritas Diocesana foi delegado episcopal e, a nivel nacional, membro do Consello Xeral de Cáritas Española, vicepresidente da Comisión de Xestión e Administración e membro do Comité Ético. Actualmente, ademais de párroco e moderador do equipo sacerdotal da unidade pastoral do Ensanche-Ferrol, é vigairo xudicial, vigairo de Economía para a Misión, ecónomo diocesano, cóengo maxistral da catedral de Mondoñedo e membro do Consello Presbiteral e do Colexio de Consultores.


Departamentos administrativos

Viceecónomo
D. Juan Ignacio Durán Fernández
viceeconomo@mondonedoferrol.org

Viceecónoma/Secretaría de Administración
Dna. Elena García Pedreira
secretarioadministracion@mondonedoferrol.org

Adxunta de Administración
Dna. María Rosario Rancaño Osorio
inmo@mondonedoferrol.org

Fondo/Instituto para a Sustentación do Clero
Rvdo. D. Carlos Gómez García
FSC@mondonedoferrol.org

Departamento de Bens Inmobles e Xestión Forestal
Rvdo. D. Juan Pablo Alonso Rolle
inmo.forestal@mondonedoferrol.org

Comisión para o Sostemento da Igrexa en Mondoñedo-Ferrol
Rvdo. D. Xoán Xosé Fernández Fernández
D. Carlos Alonso Charlón
Dna. Paula Castro Mazorra
Dna. Raquel Sabín Pedre
D. Arturo Aulet Ruiz
sostenimiento@mondonedoferrol.org

Departamento de Transparencia
D. Carlos Alonso Charlón
transparencia@mondonedoferrol.org
Portal de Transparencia


Situación e contacto

Domus Ecclesiae, Miramar, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 295
economode@mondonedoferrol.org
Horario de oficiñas: de luns a venres, de 8 a 15:00 horas; os xoves de 16 a 18:00 horas (de outubro a maio)


Competencias e responsabilidades

A Igrexa está chamada a administrar uns bens necesarios que teñen como finalidade a celebración do culto, a realización das obras de caridade e apostolado e o sostemento do clero. A vigairía de Economía para a Misión encárgase da recta administración dos bens mobles e dos recursos económicos e financeiros para levar adiante a misión da Igrexa. Administra tamén a Beca Parroquial.