Vigairía para a EvanxelizaciónVicaría para la Evangelización-g
Vigairo
Rvdo. D. Óscar Fernández Expósito
Nacido en Cospeito (Lugo) o 28 de novembro de 1989. Ingresou no Teologado Diocesano San Rosendo de Mondoñedo-Ferrol en Santiago de Compostela en 2007, onde realizou os estudos eclesiásticos no Instituto Teolóxico Compostelán, obtendo o bacharel en Teoloxía (2012). Foi ordenado presbítero na catedral-basílica de Mondoñedo en 2014. Pastoralmente atendeu varias parroquias rurais pertencentes aos concellos de Castro de Rei, Pol e A Pastoriza (2014-2017), así como na UPA Ferrol-Ensanche (2017-2018). É licenciado en Teoloxía Dogmática pola Universidade Pontificia de Salamanca (2015), institución na que tamén cursou o Máster en Orientación e Mediación Familiar. Destinado en Roma para ampliar estudos, foi capelán bolseiro da Igrexa Nacional Española de Santiago e Montserrat (2018-2024). Obtivo a licenciatura en Sacra Escritura no Pontificio Instituto Bíblico (2021) e o doutoramento en Teoloxía Bíblica na Pontificia Universidade Gregoriana (2024). Actualmente, ademais de vigairo para a Evanxelización, é delegado de Pastoral Vocacional e adscrito a vinte e catro parroquias da UPA Guitiriz-Begonte, ademais de profesor do Instituto Teolóxico Compostelán.
Situación e contacto
Domus Ecclesiae, Miramar, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 295
vic.evanxelizacion@mondonedoferrol.org
981 353 295
vic.evanxelizacion@mondonedoferrol.org
Competencias e responsabilidades
Ao vigairo para a Evanxelización compételle a tarefa de dinamizar a acción pastoral de toda a diocese para que leve adiante o Plan Diocesano de Pastoral. A súa misión é acompañar a análise da realidade social e relixiosa para que a Iglesia saiba dar respostas adecuadas aos retos actuais. Encárgase de coordinar a tarefa das delegacións de Catequese, Xuventude, Vocacións, Ensinanza, Misións, Pastoral Rural, Pastoral do Mar, Ecumenismo e Pastoral da Estrada.